A deputada Alexandra Fernández planifica co Consello Local as iniciativas políticas da nova lexislatura.
“Reforzar as prestacións públicas ou levar problemáticas concretas de Redondela, eixos do noso traballo”, afirma o voceiro nacionalista Xoán Carlos González
15 abr. 2024 - 11:36
A xuntanza mantida pola deputada releita Alexandra Fernández co Consello Local, mantívose na mesma semana que tomaba posesión Alfonso Rueda. Tomou nota a deputada das liñas de actuación no Parlamento Galego que teñen a ver coa bisbarra de Redondela.
“Con este encontro pretendemos que o grupo parlamentario teña en conta as necesidades de Redondela”, afirmou o voceiro do BNG Xoán Carlos González. Recordou que segundo as estimacións da organización nacionalista a débeda do goberno galego co concello redondelá ronda os 5 millóns de euros. “Iso non quere dicir que non sigamos facendo novos prantexamentos”, insistíu.
A deputada do BNG comprometeuse a manter unha liña de traballo directa con Redondela, pola súa dinámica, as súas necesidades e as demandas sociais que son xustas.
Entre os elementos que se vai traballar nestes catro anos as clásicas de defensa de servizos públicos como a sanidade, o Servizo de Axuda no Fogar, os servizos sociais, o ensino. “Tamén vai ter moito protagonismo exixir da Xunta políticas de vivenda pública, máxime en Redondela coa tramitación do PXOM”, mantivo a deputada Alexandra Fernández.
“Outros elementos que seguiremos demandando teñen a ver con humanizacións, dotacións culturais e deportivas, ou pular por un tre de proximidade onde o goberno galego, tén moito que dicir”, insistíu o edil nacionalista.