Apoio unánime á moción do BNG, nos accesos ao CEIP Igrexa-Chapela
“Agora toca presionar ao goberno de Digna Rivas, e facer seguemento dos acordos”, apunta o voceiro nacionalista Xoán Carlos González.
08 abr. 2024 - 09:58
O Pleno de marzo servíu para certificar que o Bloque Nacionalista Galego segue tendo iniciativa política en Redondela. “A partires de prospostas constructivas e beneficiosas para os nosos veciños e veciñas queremos colaborar a que o noso concello avance”, sinala Xoán Carlos González.
Sobre as reticencias prantexadas dende o goberno de Digna Rivas para o financiamento da obra, Xoán Carlos González insistíu novamente en que “deben marcar prioridades, e nese traballo poden contar coa nosa colaboración”. Dúas liñas de inversión poden ser asumidas para a obra, o endebedamento e reorientar os orzamentos participativos para estas inversións.
Tal como manifestou na sesión plenaria, “coa construcción de novos accesos trátase tamén de mellorar o sistema educativo público do noso concello, neste caso de Chapela”. Nun dos puntos proposto polo BNG e de maior dificultades de execución refírese á renovación total do camiño da Buraca ata o centro escolar. “Arrincamos o compromiso do goberno municipal de tres para a execución e cun orzamento duns 700.00€”.
Considerou ao longo da súa exposición imprescindíbel que se aposte por un acceso humanizado, calmado para as familias e cativos e cativas. “Os Camiños Escolares Seguros constitúen un novo modelo que se vai impoñendo paseniñamente”. Considerou perfectamente factible que esta obra se dote económicamente e se execute neste ano.
“Agora tócalle ao goberno municipal traballar para que ámbalas dúas infraestructuras sexan unha realidade no prazo máis curto de tempo. Emprazamos á comunidade educativa a participar con nós nesa presión e seguemento do acordado”, remata na súa nota o voceiro do BNG.