O BNG denuncia a renuncia do PP á Mancomunidade

IMG-20240422-WA0000

Xoán Carlos González; “Propuxemos unha suba moderada das remuneracións por asistencia a comisións; o PSOE multiplicounas por catro”.

 

O BNG denuncia a renuncia do PP á Mancomunidade
As primeiras comisións celebradas pola Mancomunidade serviron para confirmar que o Partido Popular de Redondela, renuncia a representar aos e ás redondelás, neste ente. “Sometidos ás estratexias partidistas dirixidas dende Compostela, evitan dar a cara contra a maioría do grupo socialista”, afirma o voceiro do BNG de Redondela, Xoán Carlos González.
Recorda que dende os populares e AER, sufriron unha campaña de difamación por pretender que os e as redondelás foran representados por outra forza. “Confírmase que tiñamos razón, e que esa campaña de difamacións constituíu un exemplo de manipulación da veciñanza”.
Dúas foron as comisións que se solvetaron nun total de dez minutos, o que supuxo que os vinte e un concelleiros e concelleiras cobraran douscentos euros. “Mentras o PSOE multiplicou por catro a remuneración ás comisións pasando de 25 a 100 euros, dende o BNG encargueime de propor unha suba moderada por asistencia”, sinalou Xoán Carlos González“.
Dende a organización nacionalista valoran que se existe vontade política, a Mancomunidade pode desenvolver grande parte das súas funcións de carácter supramunicipal. “O PP xa se desmarcou deste traballo porque non lles é rendíbel electoralmente. No BNG asumimos a responsabilidade coa que nos investiron os veciños e veciñas para trazar unha estratexia política beneficiosa para os concellos”.
 
O BNG denuncia a renuncia do PP á Mancomunidade