Xoán Carlos González cuestiona que o goberno de Digna Rivas gaste 6.000€ nun estudio para subir o lixo.
Contrátase unha consultora para a elaboración dunha nova ordenanza fiscal, que previsiblemente supoña aumentar as taxas.
22 abr. 2024 - 13:23
No seguemento das resolucións emanadas dende a alcaldía do goberno municipal de Redondela, o grupo municipal destaca a referente á contratación de Into Galicia Consulting. O gasto de 5.929€ pretende que a empresa prantexe unha nova ordenanza fiscal, “que todo apunta a unha suba das taxas do lixo”, indica o voceiro nacionalista Xoán Carlos González.
“Cuestionamos que sen prantexar un debate previo, se realice este gasto para unha proposta que pode quedar en nada, o que suporía tirar con 6.000€”, afirma o edil nacionalista. Considera que a proposta que defendeu o equipo de goberno de que debe subirse a taxa do lixo, debe traballarse con rigor e seriedade, antes de tomar ningún tipo de iniciativa.
Segundo Xoán Carlos González, deben poñerse todos os posíbeis fondos dos que dispón o concello, posíbeis inversións, necesidades, prioridades de gasto, para poder trasladar aos veciños e veciñas de Redondela.