A Autoridade Portuaria responsábel do deterioro da rotonda de Cabanas.
O constante tráfico pesado para a zona portuaria incidíu decisivamente no deterioro do firme.
29 abr. 2024 - 10:30
O acelerado deterioro do asfaltado no perímetro da rotonda en Cabanas, convirte á Autoridade Portuaria nun dos principais responsábeis, segundo consideran dende a organización nacionalista. Nos últimos anos incrementouse o tráfico pesado con destino á explanada de Duchhes ou do antigo cargadeiro de Rande.
Camións porta contenedores, camións que levan en ambos sentidos vehículos para almacenalos no entorno do estreito, sumados ao tráfico para as factorías da beiramar de Chapela, xunto aos miles de coches particulares que circulan pola N-552, impactan directamente nesta parte da estrada.
Nos últimos anos a Autoridade Portuaria deulle carta blanca para que diversas empresas utilicen as explanadas de Rande. “Pretende convertir esta estrada nun vial particular para este ente que soamente crea un negativo impacto no noso concello”, afirma o voceiro nacionalista Xoán Carlos González.
Recorda que coa complicidade do daquela alcalde de Redondela, Javier Bas, a Autoridade Portuaria adquiriu terreos na explanada de Duchess, e xa tiña un Proxecto para un novo vial. “Nin PSOE, nin PP, nin Podemos; soamente o BNG xunto a outros colectivos presentamos alegacións, que de momento detiveron esta pretensión de convertir Rande nun espazo industrial”, sinala.