Jéssica García defende a moción pola Dignidade da Deputación.
Rexeitamos a exclusión por motivos ideolóxicos de mulleres que presentan estudios sobre mulleres.
29 abr. 2024 - 10:34
O pleno de abril servíu para que concelleira nacionalista defendera unha moción na que se pedía unha rectificación por parte do departamento de muller do ente provincial. Catro investigadoras, escritoras Mercedes Queixas, Elsa Quintas, Montse Fajardo e Chus López sobre a memoria das mulleres que foron perseguidas e represaliadas durante a dictadura.
Despois das eleccións autonómicas, unha das decisións da responsábel da área, a redondelá Sandra Bastos, consistíu en forzar a que a empresa da actividade “Aquí faltan páxinas” a rescindir a contratación destas mulleres que públicamente apoiaron a candidatura do BNG.
As malas formas coas que se caracteriza o PP de Redondela, caracterizaron a intervención de Sandra Bastos, deputada provincial que en ano e medio terá que renunciar a esta responsabilidade por equilibrios internos do seu partido.
Durante o debate a concelleira Jéssica García denunciou as prácticas antidemocráticas exercidas dende o goberno da deputación. No texto da moción solicitaba; "Expresar a máis rotunda condena e reprobación en contra do Goberno da Deputación de Pontevedra pola censura e as represalias, por causas políticas e ideolóxicas, en contra das catro relatoras que veñen de ser excluídas inxusta e inxustificadamente do proxecto “Aquí faltan páxinas”, esixindo a rectificación deses vetos antidemocráticos".
Demandar da deputada provincial de Igualdade e Servizos Sociais, que publicamente se retracte destes comportamentos e anuncie a celebración dunhas novas xornadas “Aquí faltan páxinas”, contando coas relatoras represaliadas.
Plantexou o debate a concelleira nacionalista co obxectivo de redignificar a deputación provincial, e evitar que se convirta nunha institución ao servizo dos intereses partidistas populares.