O BNG insta ao goberno a que actúe na talla da Vía Vella

IMG-20240506-WA0001
O concelleiro David Couñago nunha visita ao entorno.
David Couñago presentou un escrito sinalando a “desfeita” da empresa encargada e que se faga seguemento para tomar as medidas pertinentes.
O BNG insta ao goberno a que actúe na talla da Vía Vella
A talla de arborado que se realizou nas pasadas semanas na Via Vella en Vilavella provocaron unha “auténtica desfeita”, en palabras do concelleiro nacionalista David Couñago. Ademais dos restos da poda e arborado, derrubouse parte dun balado e varios postes de alumeado público.
Nun escrito dirixido á alcaldesa redondelá, o concelleiro do BNG emprazou a que se tomaran as medidas pertinentes para que a empresa encargada da limpeza repuxera ao seu estado orixinal un treito duns cen metros na antiga vía do tren, en Vilavella.
A limpeza de arborado, principalmente eucalipto, levouse a cabo durante varias semanas e tras consulta dun veciño da zona, dende o grupo municipal fíxose un seguemento das obras. Unha vez que remataron comprobouse que “se producira unha desfeita, que cómpre solucionar”, afirmou David Couñago.
Considera que os restos de limpeza supoñen un potencial perigo nas vindeiras semanas, pola chegada do verán. Outra dos problemas que se prantexa é o derrubo de varios postes do alumeado público “do que terá que responsabilizarse a empresa que executou a obra”. 
Agarda o edil que se faga seguemento dende o goberno municipal “da situación dun espazo que cada vez está sendo máis utilizado pola veciñanza, que ofrecía un bo aspecto e que se degradou con esta intervención”.
O BNG insta ao goberno a que actúe na talla da Vía Vella