O BNG demanda ao concello o Plan de Seguridade Viaria

IMG-20240401-WA0001

“Demandamos que se execute o acordo plenario da moción que presentamos no 2022 sobre a seguridade viaria nas estradas municipais”, informa David Couñago.

 

O BNG demanda ao concello o Plan de Seguridade Viaria
Por medio dun rogo presentado na sesión plenaria do mes de marzo, o Bloque Nacionalista Galego de Redondela demanda que se execute un Plan de Seguridade Viaria nas estradas municipais. “En decembro do ano 2022 malia o non do PP, aprobouse unha moción do noso grupo municipal para planificar melloras nas estradas do concello”, recorda o concelleiro nacionalista David Couñago.
Daquela plantexábase a necesidade de introducir melloras durante as obras de renovación das estradas, “para que os e as viandantes puideran facer uso das estradas coa suficiente seguridade”, confirma. Entre as propostas que se plantexaban: limitar a velocidade a 30 quilómetros hora, delimitar zonas para peóns e peoas, reductores de visibilidade,…
Segundo considera David Couñago, “débese dar un cambio no modelo de arranxo dos viais municipais, nos que as persoas poidan camiñar con tranquilidade polas nosas estradas”. Entenden que estamos ante un momento no que se deben asumir que tamén nas parroquias se deben desenvolver plans de seguridade viaria. “Debemos primar ás persoas, sobre os coches particulares”, insiste.
Recorda David Couñago que durante o debate da moción falouse dunha partida mínima de dous centos mil euros anuais para poder mellorar as condicións dos camiños de titularidade municipal
Ante as novas recollidas en diversos medios de comunicación consideran dende a organización nacionalista que non se están a dar os pasos en firme para deseñar esta posibilidade. “Plantexamos un rogo no Pleno, dirixido ao goberno de Digna Rivas para que planifique a mellora das estradas municipais en función dos criterios de seguridade”, sinala finalmente o concelleiro do BNG.
O BNG demanda ao concello o Plan de Seguridade Viaria