O goberno do estado renuncia a solucionar a problemática das pantallas no Coto en Cesantes.
Xoán Carlos González “as respostas están cheas de evasivas, sen querer asumir a responsabilidade dun problema que o ministerio creou”.
01 abr. 2024 - 09:57
A problemática da instalación de pantallas acústicas de enormes dimensións no barrio do Coto en Cesantes, seguen sendo obxecto de preocupación para ao BNG.
No mes de xaneiro, a instancias da organización local, o deputado Néstor Rego presentaba diversas preguntas e proposicións non de lei sobre o tema. Ante os inconvintes que lles estaba a supor a moitos veciños e veciñas estas novas pantallas, e ante a falta de transparencia na información, “plantexábase un novo estudo e reformular a instalación destas pantallas”.
Poucas semanas tardou o goberno español en dar resposta ás demandas prlantexadas dende a organización nacionalista. As respostas están plagadas de evasivas, de información que nada tén a ver co que se demandaba. “En ningún momento amosan interese por solucionar o problema”, afirma o voceiro do BNG Xoán Carlos González. “Estamos ante un claro exemplo que o ministerio actúa de costas á veciñanza, sen interese por afrontar unha obra que mellore as súas condicións de vida. Todo o contrario, máis molestias e inconvintes que se non se solucionan agora, van a marcar durante décadas ao barrio”.
Insiste o concelleiro nacionalista que dende o BNG van seguir presionando ata onde sexa posíbel para que se lle dea unha solución positiva ás demandas dos veciños e veciñas.