O BNG alega para que se puntúe situación discapacidade nun proceso selectivo do concello.
“Trátase dunha oferta de emprego dun contrato de revezamento a tempo parcial, que cumpre perfectamente o perfil das persoas con diversidade funcional”, sinala o voceiro nacionalista Xoán Carlos González.
25 mar. 2024 - 20:35
Un operario de Obras e Servizos do concello (Persoal Laboral Fixo) solicitou acceder á
xubilación parcial por cumprir os requisitos exixidos para pasar a esta situación. Deste xeito preténdese cubrir a xornada parcial a traveso dun contrato denominado de “revezamento”.Con tal motivo o concello elaborou unhas bases para que se tramitara a traveso da oficina de emprego de Redondela.
Na negociación dos grupos políticos, con aportación dos sindicatos, o Bloque Nacionalista Galego, presentou a súa propia alegación. “Pretendemos que as persoas con discapacidade poidan acceder a este posto, polo que plantexamos que se puntuara tamén a súa situación”.
En concreto a praza a cubrir en xornada parcial, cubre as seguintes funcións que a xuízo do BNG, unha persoa afectada de diversidade funcional podería desempeñar: pequeno mantemento das instalacións municipais, a limpeza, mantemento e conservación das rúas, prazas, instalacións deportivas e de calquera outra instalación municipal interna ou externa; carga e descarga de material; montaxe e a desmontaxe do material requirido para a organización de eventos, festas e actos culturais; coidar do perfecto estado da maquinaria e ferramentas propias da Brigada de Obras Municipal necesarios que precisa para realizar o seu cometido; calquera outra función que se considere necesaria.
“O concello pode e debe ser un dos primeiros actuantes na integración laboral das persoas con discapacidade. Máis alá de sacarse fotos en días sinalados, o compromiso debe ser constante, polo que dende o BNG comprometémonos a seguir presionando para que estas persoas sexan protagonistas da nosa vida diaria”, sinalou o voceiro nacionalista Xoán Carlos González.
concello recorrerá á oficina pública de emprego correspondente do servi-
zo público de emprego de Galicia para realizar a preselección de persoas candi-
datas que reúnan os requisitos das bases.
O obxecto destas bases é a selección, mediante o sistema de concurso-oposición
libre, dun/ha OPERARIO/A DE SERVIZOS VARIOS (Persoal laboral temporal,
disposición adicional 6.a, grupo de cotización 10 e con nivel de destino 14), para
formalizar un contrato de revezamento a tempo parcial vinculado a un contrato de
xubilación parcial e para o desempeño de funcións propias deste posto.
Este persoal cesará cando desaparezan as circunstancias que motivaron a
contratación; por calquera das causas que estableza a lexislación aplicable ou cando a
administración o acorde en aplicación da súa potestade discrecional e de
autoorganización.