O BNG cos estafados das Preferentes

O BNG cos estafados das Preferentes

Na mañá do martes 21, varios centos de estafad@s polas preferentes e subordinadas, manifestáronse polas rúas de Redondela. Convocad@s pola Plataforma de Redondela, e coincidindo co día de feira, os vecinos e veciñas que viron os seus aforros roubados polos directivos das Caixas, expresaron unha vez máis a súa indignación.

A manifestación forma parte, dunha xeira de accións reivindicativas que levan a cabo en Redondela, dende hai algo máis dun ano. Concentracións diante da visita da vicepresidenta, Soraya Saénz de Santamaría, concentracións e peches no concello e nos Plenos, movilizacións diante das Caixas.

Se ata agora conseguiron que se mantivera en tensión esta problemática, debeuse en grande medida pola presión que están a exercer na rúa. Somentes deste xeito se pode chegar a unha devolución íntegra dos aforros dos estafados e estafadas (algúns aínda a día de hoxe están coñecendo a súa situación).

O Bloque Nacionalista Galego, como fixo dende o primeiro momento, apoiou as lexítimas reivindicacións destes vecinos e veciñas. Criticamos a pasividade tanto do PP, como do PSOE, que no seu momento coñeceron o obxectivo destes productos e non fixeron ren por porlle coto.

Para o BNG, a solución aos preferentistas debe ser unha prioridade tanto do goberno da Xunta como do Estado. Como no seu día apuntou a voceira, Cecilia Pérez, “a solución a esta estafa, pasa por unha decisión de carácter político”.

O BNG cos estafados das Preferentes