O BNG volve levar ao Congreso as pantallas acústicas do AVE.

IMG-20240119-WA0009

Xoán Carlos González “ o ministerio non está a ter en conta o acordo plenario para realizar un novo estudio acústico”

 

O BNG volve levar ao Congreso as pantallas acústicas do AVE.
A instalación das pantallas acústicas de forte impacto visual, continúa o seu avance na liña do AVE en Redondela. Nesta ocasión no viaducto do Val do Maceiras, que agrava o forte impacto desta vía férrea nun espazo tan singular do noso concello.
O Bloque Nacionalista Galego vai trasladar ao deputado Néstor Rego o posicionamento en contra destas pantallas opacas e de grande altura. “O obxectivo, volver a presentar unha proposición non de lei e unha pregunta sobre a continuidade da instalacións destas pantallas de forte impacto”, declarou o voceiro nacionalist Xoán Carlos González
Amosou a súa contrariedade o voceiro nacionalista “polo desinterese do ministerio de Fomento ao non ter en conta un acordo unánime do pleno do concello de Redondela. Demandábase un novo estudio acústico”. Pretenden dende a forza nacionalista que se instale outro tipo de materiais con menor incidencia visual en Redondela”, insistíu.
O acordo plenario prantexaba un novo estudio de ruídos, e cambiar a tipoloxía e tamaño das pantallas. “Por terceira vez imos prantexar ante no Congreso unha iniciativa que tén a ver con esta problemática”, aclarou o voceiro do BNG.
O BNG volve levar ao Congreso as pantallas acústicas do AVE.