Xoán Carlos González demanda maior atención para o casco histórico de Redondela.

IMG-20240527-WA0002
Imaxe do casco vello de Redondela.

Nun escrito dirixido á alcaldesa plantexa unha mellor limpeza os fins de semana deste entorno.

 

Xoán Carlos González demanda maior atención para o casco histórico de Redondela.
Nun escrito presentado, o voceiro do BNG plantexaba a necesidade dunha maior implicación do servizo de limpeza no casco vello redondelá. “Recollemos as reclamacións da veciñanza e establecementos comercias que estes días se dirixiron á nosa organización”, declara.
As queixas veciñais céntranse na falla de limpeza dos fins de semana cando restos do botellón se acumulan polas rúas deste entorno singular de Redondela. “Ademáis de que padecen o lixo acumulado, tamén xera unha mala imaxe para os establecementos que desenvolven a súa actividade na zona vella de Redondela”, sinala.
A complexa situación na que se atopa o casco histórico é de sobra coñecida por toda a veciñanza, con numerosas vivendas baleiras, semiderruídas. Cómpre desenvolver iniciativas que recuperen actividade comercial e a volta dos veciños e veciñas a este espazo.
Xoán Carlos González demanda maior atención para o casco histórico de Redondela.