Xoán Carlos González comprométese a impulsar para Rande o selo de Patrimonio Europeo.
No acto público celebrado en Redondela, pedíu concentrar apoios para o BNG, “para contar coa complicidade de Ana Miranda en Bruxelas”
03 xuño 2024 - 10:08
No acto público organizado polos e polas nacionalistas na Alameda Castelao, Xoán Carlos González comprometeu ante máis dun cento de asistentes a traballar para este selo. “Deste xeito continuarase coa tramitación que leva conxelada catro anos”. Entende que esta designación permitiría recuperar grande parte do patrimonio do Estreito de Rande, ademáis dun reclamo turístico.
Mais para poder acadar este obxectivo invitou aos e ás redondelás a concentrar os apoios o 9 de xuño, arredor da candidatura encabezada por Ana Miranda.
“Para defender o futuro da Enseada necesitamos a colaboración das diversas entidades e administracións. En Bruxelas temos que ter a Ana Miranda, ao BNG para levar as nosas propostas”, enfatizou.
Outro dos temas relevantes que o BNG defenderá coa súa presenza no Parlamento Europeo, teñen a ver coa recuperación da Enseada San Simón, “verdadeira alfaia medioambiental, patrimonial, cultural, e económica da Ría de Vigo”.
Na intervención da candidata nacionalista, tomoulle a palabra ao voceiro nacionalista para forzar á recuperación da Ría de Vigo. “Tal e como fixemos coa ría do Burgo onde as traballadoras do mar poden volver a mariscar grazas as iniciativas e xestións do BNG”, sinalou Miranda.
A calificación de Rande Patrimonio Europeo suporía un fito na propia Galiza, ao converterse nun dos primeiros espazos que teñen a ver coa construcción de Europa. Os feitos acontecidos durante a batalla naval, consitutíu un episodio máis nas loitas de sucesión.