O BNG en defensa dos postos de traballo de Nova Pescanova

IMG-20230911-WA0000
Xoán Carlos González no pasado Pleno municipal.
Xoán Carlos González, considera que a proposta de ERE trátase dunha manobra especulativa para mellorar as condicións de venda.
O BNG en defensa dos postos de traballo de Nova Pescanova
Diante das informacións publicadas nos medios de comunicación, sobre a proposta da dirección de Nova Pescanova de negociar un Expediente de Regulación de Emprego que afectará a cen empregados e empregadas de Chapela e Madrid, o Bloque Nacionalista Galego presentou una moción xa o xoves 7 para o seu debate en Pleno.
“Tomamos a iniciativa porque queremos que quede ben claro o noso apoio ao colectivo de traballadores e traballadoras. Agora estase falando do colectivo de administración, aínda que sospeitamos que no futuro pódese ampliar a outros colectivos”, afirma o voceiro nacionalista Xoán Carlos González. 
Segundo o voceiro do BNG en Redondela, “trátase dunha manobra para posicionar no mercado a Nova Pescanova, ao mellor postor. Non imos permitir que se xogue co futuro das traballadoras e traballadores, e co futuro da empresa ubicada en Chapela”, insiste. Dende hai meses a multinacional canadiense está presionando para adquirir o grupo, da que ABANCA é propietaria do oitenta por cen. 
Lamenta que a moción non se puidera ter debatido “porque o Partido Popular bloqueou o Pleno sen retirar ningunha das mocións que presentou”, afirma Xoán Carlos González Campo.
Actualmente varios centos de empregados e empregadas desenvolven a sua actividade na factoría. Insiste en que van a actuar a todos os níveis para asegurar que Nova Pescanova manteña a súa actividade nas mellores condicións en Chapela, asegurando o futuro dunha empresa que foi punteira a nivel mundial. Agarda que no vindeiro Pleno municipal se consiga un acordo para dar apoio ao futuro de Nova Pescanova.
O BNG en defensa dos postos de traballo de Nova Pescanova