O BNG desmárcase da Programación municipal polo 25N

Jessica García
Jessica García

“Unhas actividades para cubrir o expediente moi distantes do que a veciñanza redondelá demanda”, afirma a concelleira nacionalista Jéssica García.

O BNG desmárcase da Programación municipal polo 25N

Tras o anuncio do goberno municipal, que a actividade principal do 25 de novembro, “día internacional para a erradicación da violencia de xénero”, centraranse en colgar bolboretas elaboradas polos institutos de secundaria, dende a organización nacionalista, manifestan o seu desencanto.

Xa no Consello Municipal da Muller, onde a alcaldesa e responsábel da área de muller, Digna Rivas, anunciou esta iniciativa, a concelleira do BNG, manifestou as súas discrepancias. “Entendemos que para un determinado colectivo, como o estudantil, pode ser unha actividade, mais, agardabamos unha programación máis ambiciosa”, sinala Jéssica García.

Despois de tratalo no colectivo de mulleres do BNG, decidiuse que o grupo municipal, non acudirá a este tipo de actos. “Séguese exercendo unha violencia física, económica e psicolóxica, sobre moitas veciñas, tamén en tempos de epidemia do Covid”, considera a concelleira nacionalista. “Por iso consideramos que se deben desenvolver actividades de denuncia, de apoio, de concienciación e información a toda a poboación en xeral, e as mulleres en particular”, destaca.

Empraza Jéssica García, a un cambio de rumbo nas actividades desenvolvidas dende o goberno municipal. “Debemos escapar do ritualismo de certas actividades, que somentes nos levan a un desleixo e ocultamento deste acoso que a cotío están a sufrir moitas mulleres”.

O BNG desmárcase da Programación municipal polo 25N