O BNG exixe máxima calidade no Servizo Axuda no Fogar

Xoán Carlos ANP (1)
Xoán Carlos González

“Tras a nefasta xestión dos Ventos, responsabilidade do goberno de Digna Rivas, damos o apoio á unha nova contratación para mellorar a atención ás persoas dependentes”, compromete Xoán Carlos González

 

O BNG exixe máxima calidade no Servizo Axuda no Fogar
A contratación da nova empresa do Servizo de Axuda no Fogar, vén a supor un novo proceso de atención ás persoas en situación de dependenza en Redondela. Na sesión plenaria, o voceiro nacionalista expuxo os principais elementos deste contrato “regrado pola normativa, fundamentado nas bases que tamén aprobamos en outubro”.
Puxo enriba da mesa Xoán Carlos González, a falla de compromiso do goberno galego co SAF “que retrasa máis dun ano as valoracións de dependenza, e non chega a aportar a metade do custo do contrato”. 
Por outra banda o edil do BNG exixíu ao goberno de Digna Rivas a máxima calidade na prestación e seguemento da nova xestión da empresa, neste caso IDADES. Tras a nefasta xestión dos Ventos, responsabilidade do goberno municipal ábrese a posibilidade de mellorar a xestión e atencións asistencial.
Na sua intervención plenaria, o edil manifestou a súa contrariedade porque o goberno do PSOE/AER, “nun novo exemplo de irresponsabilidade levou esta contratación ao Pleno sen atar un acordo previo co BNG”.
Catro son os elementos, que a xuízo do voceiro nacionalista se deben cumprir a partires de agora. “Unha correcta transición entre empresas, para que as traballadoras non perdan nin 1€ do seu salario; a mellora das condicións laborais deste grupo; un correcto seguemento e coordinación entre IDADES e concello; unha bo asesoramento ás familias; unha calidade asistencial e atención a usuarios e usurarias”, insistíu o voceiro nacionalista.
“Damos o apoio a este novo contrato co obxectivo de que se mellore a atención ás persoas dependentes do noso concello, porque é de xustiza”, manifestou o voceiro do Bloque Nacionalista Galego.
O BNG exixe máxima calidade no Servizo Axuda no Fogar