Para o BNG, Javier Bas actúa en conivencia coas propostas de Ampliación de Pantaláns en Arealonga.

Para o BNG, Javier Bas actúa en conivencia coas propostas de Ampliación de Pantaláns en Arealonga.

Xoán Carlos González, considera que “o alcalde de Redondela  mente sobre a información dada”.

A indefinición e o escurantismo, arrodean todo o relacionado cos Proxectos de Ampliación de Pantaláns en Arealonga. Así o confirman as declaracións do alcalde de Redondela Javier Bas, quen asinaba un escrito con data 29 de xullo, no que literalmente afirmaba que a Autoridade Portuaria se dirixira ao Concello de Redondela comunicando “que non se van a levar a cabo as ampliacións ás que fan vostedes referencia na súa moción”.

Sorpréndelle agora ao concelleiro do BNG, Xoán Carlos González, que o alcalde de Redondela, membro de pleno dereito do Consello de Administración da Autoridade Portuaria, afirme que se está a manipular á opinión pública. “Semella que Javier Bas, exerce máis o papel de mediador ante o Presidente da Autoridade Portuaria, que de alcalde de Redondela. Antepón os intereses de entidades particulares, sobre o dereito e disfrute da veciñanza no entorno de Arealonga”, afirma.

Salienta que o Partido Popular votou en contra da moción do BNG, polo que se decantaron por unha opción, que era a da ampliación dos Pantaláns. “Pola súa banda, o alcalde, no canto de facer valer a súa voz en aras do interese xeral, no Consello de Administración da Autoridade Portuaria, amósase belixerante coa organización nacionalista”, considera Xoán Carlos González.

“Unha vez máis, colectivos sociais, e grupos da oposición, teñen que velar polos intereses da veciñanza e a preservación do noso entorno natural. Se a presentación de alegacións, mocións e escritos, ou mesmo a mobilización social deteñen estas propostas de ampliación, dende o BNG imos continuar nesta liña”, remata na súa nota o concelleiro nacionalista.

Resposta do alcalde Javier Bas.

Para o BNG, Javier Bas actúa en conivencia coas propostas de Ampliación de Pantaláns en Arealonga.