O BNG, non vai colaborar na campaña eleitoral de Javier Bas.

Protesta na peaxe de Rande organizada pola AAVV de Chapela
Protesta na peaxe de Rande organizada pola AAVV de Chapela

Segundo o edil nacionalista Xoan Carlos González, “ao alcalde únicamente lle interesa marcar a axenda ata as municipais, desviando a atención ante a súa incapacidade para gobernar en Redondela.

O BNG, non vai colaborar na campaña eleitoral de Javier Bas.

Pretende confundir á veciñanza, introducindo agora a reivindicación da Peaxe, cando foi unha reivindicación moi anterior á Peaxe, que nunca considerou prioridade”.

A “campaña” que vén de presentar o alcalde de Redondela, con “grande profusión de medios pagada con cartos de todos e todas as redondeláns”, non vai ser seguida polo Bloque Nacionalista Galego, segundo o seu voceiro municipal. “No seu discurso, claramente evidenciou que pretende acabar coa iniciativa de coleitivos e asociacións, para comandar estas movilizacións, das que durante anos se esqueceu”, afirma.

“Durante a súa intervención do venres no Multiusos da Xunqueira, o alcalde, minimizou o importante éxito do pago con céntimos organizado pola AA.VV. De Chapela e Teis, no mes de decembro”, considera Xoán Carlos González. “Daquela, Javier Bas quedou eclipsado pola movilización, por iso maniobra agora para marcar o paso, co único interese de facer a súa campaña eleitoral”, afirma.

“A eliminación da Peaxe, xa era unha prioridade antes da Ampliación da Autoestrada. Durante anos, maniobrou utilizando a Comisión de Seguemento como instrumento para conter as reivindicacións veciñais”, valora o edil nacionalista.

Considera Xoán Carlos González, que o protagonismo nas movilizacións debe seguir sendo do movemento social, con especial protagonismo da AA.V., “ a quen debemos apoiar as forzas políticas”, poñendo como o exemplo o sucedido no Morrazo hai máis dunha década. Recorda como aceleráronse os prazos da construción do novo colexio de Chapela, grazas á manifestación organizada pola ANPA, e a Asocación de Veciñ@s.

Aposta o voceiro do BNG, porque as “movilización sexan contundentes, e aglutinadoras, defendendo a liña marcada dende a AA.V. De Chapela e Teis, na que o pago con céntimos demostra a súa forza e poder de convocatoria”. Considera que estamos no momento de expresar con contundencia o rexeitamento á Peaxe, con xornadas de peches de comercios, e mesmo convocatoria de Folga Xeral en todo o termo municipal. “Trátase do único camiño para rematar con este atraco a man armada perpetrado por AUDASA, coa complicidade de Fomento”, remata na súa nota.