O BNG pide explicacions polos cortes de luz en Redondela

O BNG pide explicacions polos cortes de luz en Redondela

Nun escrito presentado no rexistro do concello de Redondela o concelleiro do BNG Xoan Carlos González pediu explicacións polos cortes de subministro eléctrico do pasado domingo.

As zoas afectadas por este enésimo corte de luz afectou a boa parte do casco urbano de Redondela, Reboreda e Cesantes.

Dende o BNG queremos saber a información que manexa o goberno de Javier Bas, e as posíbeis iniciativas que vai a adoptar.

O concelleiro nacionalista considera que "algo estrano está a suceder pois, con certa frecuencia prodúcense estas situacións que causan numerosos inconvintes e molestias a veciños e veciñas"

Un corte de subministro no alumeado publico produciuse o sábado á noite no treito de Cabanas, "co conseguinte risco para a seguridade viaria", informa.

Dende o BNG consideramos que alguén debería dar explicacións desta situación. Lembramos que a raíz dun corte similar no verán, que se centrou en Saxamonde, Negros e Cabeiro, tamén solicitamos explicacións, e a calada foi a resposta do goberno de Javier Bas.

"No seu momento reclamamos en sesión plenaria que non se recoñecera unha factura de 3.000 euros para presionar a Fenosa, proposta que rexeitaron",recorda.

Xoan Carlos Gonzalez afirma que "seguiremos a exixir responsabilidades".

Cecília Pérez e Xoan Carlos González

O BNG pide explicacions polos cortes de luz en Redondela