O BNG de Redondela, acusa de “complicidade” a PP e PSOE, no transvasamento do Verdugo.

Acto informativo.
Acto informativo.

Dende o BNG de Redondela, valoran como irresponsable o acontecido o  no pleno do concello de Vigo, onde o PSOE e PP acordaron instar a Xunta a realizar pola vía de urxencia o transvasamento do río Verdugo.

O BNG de Redondela, acusa de “complicidade” a PP e PSOE, no transvasamento do Verdugo.

Segundo sinalan dende o BNG, xa se demostrou con estudos técnicos que esta proposta é totalmente innecesaria, inviable e cun impacto ambiental moi negativo, xa que este transvasamento, provocaría un grave dano ecolóxico que afectaría ás correntes, á erosión, a fauna acuática e a produción marisqueira dentro dunha zona protexida pola Rede Natura.  “Ademais estase a xogar co actividade de centos de mariñeiros e mariscadoras, co que pon en risco o futuro das confrarías de Cesantes e Arcade”.

Para o BNG o resultado desta votación, pon de manifesto a incoherencia do PP e do PSOE, o votar de forma distinta no concello e no parlamento galego.

Lembran dende a formación nacionalista que diante dunha iniciativa presentada polo BNG no parlamento galego, instando a Xunta a paralizar o transvase, o PP votou en contra e o PSOE abstívose.

En todo caso, recordan que o alcalde de Redondela, Javier Bas, comprometeuse a que os servizos xurídicos do Concello denunciaran este transvasamento.

Apostan dende o BNG, por unha novo modelo de xestión da auga, na que os consumos sexan axustados ás necesidades, a posta en marcha de políticas de mellora da rede de abastecemento, e de concienciación e educación da cidadanía co fin de garantir o mantemento dos nosos recursos hídricos.