O BNG de Redondela, vai seguir apoiando o cerco.

O BNG de Redondela, vai seguir apoiando o cerco.

O goberno de Javier Bas, reticente a reprobar á Conselleira, Rosa Quintana.

Un novo sector produtivo “estratéxico para Galiza”, volve a ser abandonado polo goberno do Partido Popular. A loita dos mariñeiros do cerco, deixa en evidencia cales son os intereses que defende o goberno Feijóo.

Arredor de 155 barcos de toda Galiza están nestes momentos amarrados, por mor das cotas impostas dende Madrid e Bruxelas. Trátase de poñer en cuestión o “lexítimo dereito dos pescadores a poder exercer a súa actividade”. Unhas 1.500 familias, das que depende directamente o sector, atópanse baixo o denominador da incertidume.

A presenza dun grupo de mariñeiros no pleno de outubro, deixou ben ás claras a postura que defende o Partido Popular. A flota de Cesantes, representa, con 20 barcos, unha das de maior envergadura do noso país. Agora, o Partido Popular, pretende mirar para outro lado, deixando novamente á iniciativa ás mobilizacións e presións do sector.

Entre as cuestións que se prantexaba na moción, recollíase a reprobación da conselleira do mar, Rosa Quintana. Segundo expuxo o concelleiro do BNG, “a verdadeira responsábel, xunto ao presidente da Xunta, da situación que está a sufrir este sector”.

Xoán Carlos González, apuntou que dende a entrada do estado español na Unión Europea, sectores chave da nosa economía, como o da pesca, foron machucados polas políticas emanadas dende a institución europea. Salientou que o nacionalismo vai seguir apoiando a loita dos mariñeiros, “para que poidan vivir do que saben facer, e poida manterse o futuro dun sector tan importante”.

Para o concelleiro nacionalista, a problemática reside na falla de soberanía, e de vontade do goberno da Xunta de Galiza. Renuncian expresamente a defender a pesca como sector económico relevante. “A única solución que aportan, son 25 millóns de euros, para desmantelar barcos”.

Fixo un repaso, Xoán Carlos González, ao longo da súa intervención no Pleno, da estratexia seguida pola Xunta. “Dende que no ano 2.009 Feijóo asumiu a presidencia, pasouse de 4.500 a 3.500 embarcacións, o que supón unha diminución significativa”.

O BNG de Redondela, vai seguir apoiando o cerco.