O BNG, ÚNICA forza que se amosa en contra dos muíños de vento en Redondela.

IMG-20211122-WA0008
Acto informativo contra os eólicos en Reboreda

Ante a posibilidade máis que real de que ata dous muíños de vento, de ata 170m., de altura se instalen nos montes de Reboreda, o Bloque Nacionalista Galego, foi a única forza que ata o momento se opuxo rotundamente a esta posibilidade.

O BNG, ÚNICA forza que se amosa en contra dos muíños de vento en Redondela.

En outubro, o BNG presentou unha Moción a Pleno, permitindo que o resto de forzas rexeitaran igualmente este Proxecto. As comparecenzas solicitadas por AER, das que só sae beneficiado o goberno, ou os debates introducidos dende a alcaldía, para seren retirados sen xustificación como sucedeu co Convenio con SEAGA, dilataron os debates, impedindo ata agora, que se producira este debate.

Existe unha crecente inquedanza dos veciños e veciñas, e dos colectivos, para rexeitar a proposta de construción dun Parque Eólico entre Pazos e Redondela. Demandan, o posicionamento de PSOE, PP e AER.

O goberno do PSOE, coa alcaldesa Digna Rivas á cabeza, debería terse pronunciado, como xa ten sucedido con outras alcaldías de Galiza.

O BNG, xa manifestou publicamente, e en diversos actos, o rexeitamento da proposta de instalación dun Parque Eólico nos concellos de Pazos de Borbén e Redondela. Rexeitar a instalación de dous muíños de ata 170m. Este Proxecto implica afeccións ao noso medio natural, paisaxístico, con afeccións a montes, propiedades, acuíferos,…

Cómpre unha mobilización social e política, para que os promotores cedan no seu intento, e a Xunta se non conceda os permisos para a construción deste Parte Eólico de ata nove muíños, de 170m., de altura nos concellos de Pazos de Borbén e Redondela.

 

 

O BNG, ÚNICA forza que se amosa en contra dos muíños de vento en Redondela.