O BNG, valora positivamente a inclusión nos Orzamentos do Estado da eliminación da Peaxe en Rande.

Nestor Rego mostrando o acordo para eliminación das peaxes.
Nestor Rego mostrando o acordo para eliminación das peaxes.

Satisfacción nas filas nacionalista, polo acordo acadado polo seu deputado, Néstor Rego co goberno do Estado. “Recóllese a proposta, froito das negociacións para que Pedro Sánchez fora investido presidente do estado español”, afirman.

O BNG, valora positivamente a inclusión nos Orzamentos do Estado da eliminación da Peaxe en Rande.

Consideran enormemente positivo para o conxunto da veciñanza que unha das “demandas históricas do conxunto da veciñanza redondelá, se efectivice nos Orzamentos do ano 2021”, sinalan. Despois de anos de anuncios publicitarios, dende a organización nacionalista consideran que “dáse un paso en firme para eliminar unha peaxe totalmente discriminatoria, para a veciñanza de Redondela, e a nosa bisbarra”. Entenden que moitos veciños e veciñas que se desprazan a diario empregando a Autoestrada, tanto a Vigo como a Puxeiros, xa non terán que pagar a Peaxe de Rande

Consideran que a presenza do BNG no Congreso, xunto a un goberno en minoría, permite dialogar, e chegar a acordos, o que serviu para introducir esta Proposta. Recordan que se trata dun primeiro paso, e que agora débeselle dar aprobación definitiva, para que a inicios de ano se poida efectivizar. O propio Néstor Rego, participou nun acto público en Chapela, nun acto público explicando o proceso de negociación.

Pola súa banda, o voceiro municipal, Xoán Carlos González recoñece o importante papel desenvolvido polas asociacións de veciños de Chapela e Trasmañó, quen convocaron a unha importante mobilización en contra da Peaxe en febreiro do 2019. “Houbo un antes e un despois, na presión para acabar con este agravio”, afirma.

Destaca que no futuro inmediato, a parroquia  de Chapela vaise ver enormemente beneficiada, posto que se reducirá o tráfico que pasa tanto pola Avenida de Vigo como Avenida de Redondela, co que se pode ir concretando o “Plan Chapela” que no seu día presentaron no Parlamento.

O BNG, valora positivamente a inclusión nos Orzamentos do Estado da eliminación da Peaxe en Rande.