Comisión de seguemento da Ampliación: unha comisión fracasada.

Foto: Faro de Vigo
Foto: Faro de Vigo

Javier Bas desacreditou á propia Comisión no Pleno de novembro, anunciando as presuntas melloras. A presión veciñal debe manterse na rúa.

Comisión de seguemento da Ampliación: unha comisión fracasada.

Despois dun ano sen terse convocada a Comisión de Seguemento das Obras de Ampliación da AP9, a última celebración confirmouse como estéril e desmobilizadora. Esta é a conclusión a que chegan dende  Bloque Nacionalista Galego, ao non prantexarse ningunha novidade, sobre o xa anunciado polo alcalde de Redondela. Máis todo o contrario, as vivendas de Chapela, a carón do terceiro carril, xunto ás da zoa de Cabanas ás que a autoestrada lles pasa polos tellados, non van ser expropiadas.

Volven a anunciar, o que xa hai anos que era unha obviedade: que o colexio Igrexa debe ser trasladado. “Nada novo baixo o sol”. Vólvense a acumular os atrasos, nos que o Concello de Redondela, tamén colaborou, cunha licitación e unha ralentizazón nos prazos de urbanización da Finca de Ginaria.

Chama enormemente a atención que en pouco máis de dous anos levárase a cabo unha obra de tanta complexidade técnica, e inversión económica como a ampliación da Ponte de Rande, e nembargantes non houbera tempo para iniciar ningunha das obras de envergadura que deben compensar a Chapela. De momento, todo son anuncios, coa intención malévola, de no seu caso atrasalas de cara as eleccións.

“Javier Bas, evidencia novamente que emprega a Comisión para mitigar o impacto da mobilización social, cando queda ben clara que se trata da única vía para que as cousas se movan: como no caso do traslado do Colexio Igrexa, a anulación do terceiro carril”, afirman dende o BNG. Consideran que debe manterse esta presión social, para que as lexítimas compensacións se leven a cabo.