O Consello Local do BNG, realiza unha valoración dos resultados electorais do 24 de maio.

O Consello Local do BNG, realiza unha valoración dos resultados electorais do 24 de maio.

O órgano de dirección local, fixo un chamamento a afianzar o Proxecto Político do BNG. “Os resultados, non son bos, máis debémoslle a quen nos votou o noso máximo compromiso e esforzo”, afirmou o responsábel local, Xavier Balsas.

Nun ambiente de preocupación, mais de confianza e compromiso, o Consello Local fixo unha análise dos resultados acadados no noso Concello. A perda de 500 votos, xunto á  dun concelleiro, non pode ser valorado, como un paso atrás no proceso de consolidación do nacionalismo, en Galiza.

Ante este novo panorama, as limitacións da actuación política do BNG, no Concello de Redondela van supoñer un novo reto. Existe, nembargantes, un imporante abano de posibilidades, para desenvolver a actuación do nacionalismo.

Como aspecto positivo, o Consello Local, valorou a perda de apoios do bipartidismo en Redondela, que pasou de 18 a 15 concelleir@s, o que confirma un cambio na tendencia electoral. Sexa quen sexa o novo alcalde, será investido perdendo respaldo electoral. Algo máis de 4.800 veciños e veciñas de Redondela, decantáronse por forzas emerxentes, ou polo nacionalismo.

O Partido Popular, presentábase a estas eleccións, con todas as cartas ao seu favor para acadar a maioría absoluta. Non só non se produciu iso, senón que mesmo perdeu arredor de 500 votos. O Consello Local, considerou que o traballo de oposición do grupo municipal do BNG, converteuse nun dos recursos dos veciños e veciñas de Redondela, para que se producira este feito. Non se lle apoiou nin na investidura do ano 2011, nin na moción de confianza; non se lle prestou colaboración nos diferentes orzamentos e denunciáronse iniciativas e políticas do goberno do PP que estaban a deteriorar os cimentos da sociedade redondelá.

Houbo, en xeral, un apoio explícito ao traballo desenvolvido durante estes catro anos, tanto dende o punto de vista da organización, como do grupo municipal. Os resultados electorais, non son, con moito, os esperados. Trátase de facer unha análise, nas vindeiras semanas, o máis sosegado posíbel, e en contacto coa base militante e organizacións de distinto tipo, para inverter esta tendencia.

Estas eleccións municipais en Redondela, certificaron igualmente, a desaparición do voto nulo. Tal como sempre manifestou o BNG, só a actuación por medio de fórmulas políticas, permite construír alternativas críbeis ao conxunto dos veciños e veciñas. Mais, a alta taxa de abstención, segue sendo un dos retos que debemos afrontar todas as forzas que se presentan ás eleccións municipais no noso Concello.

Valorouse, que os veciños e veciñas, danlle o seu respaldo a aquelas forzas políticas que consideran que defenden mellor os seus intereses. O apoio de máis de 1.100 persoas ao BNG, con non colmaren as expectativas, non poden seren desdeñados. Obriga a reformular determinadas liñas de actuación, que deben promover o medre organizativo, e maior presenza na base da sociedade.

Con tal motivo, a liña de actuación vai centrarse, en acadar maior protagonismo das parroquias, e en traballar polos dereitos dos colectivos máis castigados polas políticas do Partido Popular.

Ante a inminencia, e a importancia das eleccións xerais, considerou o Consello Local, a necesidade de retomar a actividade política na maior brevidade posíbel. Cómpre concienciar ao conxunto da veciñanza redondelá, da necesidade de apoiar a presenza do nacionalismo, no Congreso dos Deputad@s. Trátase da única vía, para que os verdadeiros problemas que asfixian ao pobo galego, poidan seren afrontados polo goberno central.

En canto aos posíbeis contactos para apoios na investidura do goberno municipal, chegouse a dous acordos: impedir co voto do BNG, a chegada do PP á alcaldía de Redondela e estar abertos a calqueroutra negociación, que facilite a investidura dun goberno alternativo.

Adquiriu o Consello Local, o compromiso de convocar diferentes Asembleas coa base militante e simpatizante, para mantelos puntualmente informados, sobre os diferentes pasos que se van dar.

Finalmente, reafirmouse, en que o proxecto nacionalista do BNG, é o único que pode afianzar o desenvolvemento de Galiza, para poderen acadar a súa soberanía plena.

O Consello Local do BNG, realiza unha valoración dos resultados electorais do 24 de maio.