Gardaría de Chapela: unha mostra máis da incapacidade do goberno municipal.

Gardaría de Chapela: unha mostra máis da incapacidade do goberno municipal.

O BNG considerou sempre esta obra como un “proxecto estratéxico” para o concello de Redondela. Nunha parroquia cun alto índice de poboación, moitas delas familias xóvenes, e por conseguinte con moitos cativos e cativas entre os 0 e os 3 anos.

Hai varios anos que nos denominados “terreos de Autoestrada” en Cidadelle, cunha superficie de 35.000m2, prantexábase ubicar infraestruturas de carácter social. Cabía a posibilidade de converter uns terreos moi “interesantes” dende o punto de vista urbanístico, en dotacionais. A pesares da súa conformación orográfica, estaban ben comunicados, relativamente céntricos para a conformación da parroquia.

Ademais da gardería, inicialmente prantexouse un Centro de Día (máis tarde cambiado para situalo en Trasmañó), e incluso da construción dun novo Colexio de Igrexa.

Naquel momento creárase unha partida orzamentaria para poder “negociar”, con Caixanova, propietaria dos terreos.

Na proposta de construción desta gardería, o goberno de Javier Bas, amosou unha vez máis a súa falla de Proxecto, actuando a base de anuncios, pero sen ningún tipo de planificación nin criterio.

Facéndose eco do debate suscitado no Consello Parroquial de Chapela, no Pleno de outubro prantexouse que o goberno municipal retomara a adquisición dos terreos en Cidadelle.

Sorprendeu que nin a concelleira de Servizos Sociais nin o presidente do Consello Parroquial, os dous concelleiros de Chapela, interviran para defender a necesidade desta infraestrutura, e a proposta en firme do goberno sobre os terreos. Quen si o fixo foi a concelleira  de facenda, Ana Alonso. Mais a súa estratexia foi a de sementar dúbidas sobre onde estaban as partidas para a compra dos terreos. Nin palabra sobre unha proposta en firme.  A Agrupación de Electores, tamén compartiu este criterio do goberno municipal.

O concelleiro do BNG, Xoán Carlos González, afirmou na súa intervención, que  Javier Bas e o seu equipo somentes quería facer anuncios e propaganda. Prantexar unha obra de carácter social desta envergadura, supón unha aposta importante de calquera goberno municipal. Por iso afirmou que había que estudar moi ben onde ubicalas. “Os terreos da Autoestrada seguen sendo perfectamente válidos para a construción da gardería de Chapela”, afirmou o concelleiro nacionalista. En todo caso emprazou ao goberno municipal a presentar unha proposta similar.

En canto ás partidas orzamentarias, remitiuse a un informe de intervención asinado polo alcalde Javier Bas en marzo de 2012. Neste informe recoñecíase que existía un remanente de 1.900.000€ arrastrado do goberno anterior. Algunhas partidas estaban aínda consignadas, pero outras importantes poderían ser xestionadas polo goberno municipal.

Tanto a concelleira Ana Alonso, como as continuas interrupcións do alcalde, cambiaron o seu ton, ao falar da necesidade de ser prudentes na negociación. Foi naquel momento cando se enteraron que o recurso da Comunidade de Montes fora desestimado. En ningún momento fixeron unha proposta concreta.

Dende o BNG prantexouse un texto alternativo de acordo da moción, co obxectivo de que se iniciaran os contactos para a adquisición de terreos en Cidadelle para a construción da gardería de Chapela. Finalmente o Partido Popular votou en contra da proposta. PSOE, AER e BNG votaron a favor de que si se construíra nesta parcela.

Gardaría de Chapela: unha mostra máis da incapacidade do goberno municipal.