Moción do BNG rexeitando as grandes superfícies comerciais.

Foto: Faro de Vigo
Foto: Faro de Vigo
Moción do BNG rexeitando as grandes superfícies comerciais.

No concello de Vigo existe un proxecto de construción dun macrocomplexo comercial e de lecer no monte comunal de Liñeiriños-Cabral, promovido por Eurofund Investiments.

            A instalación deste macrocentro comercial suporía un golpe moi duro para o  sector do pequeno comercio e de proximidade, coa perda estimada duns 6.000 empregos, un problema que afectará a Vigo pero, especialmente, ao pequeno comercio dos concellos limítrofes, como no caso do concello de Redondela. Un dos sectores da nosa economía local, que máis postos de traballo xenera, vería comprometido o seu futuro

            No BNG coincidimos coa plataforma ne defensa do comercio local, recentemente constituída, en que esta tema é un poblema para todos os concellos da contorna de Vigo  xa que afectará, en termos xerais, a uns 20.000 negocios. As grandes áreas comerciais ademais de arrasar co comercio local, contribúen á perda de postos de traballo , fomentando a precarización do emprego no sector comercial.

            A xuízo do BNG existen moitas razóns para desbotar un proxecto especulativo como o denominado “Porto Cabral”: