Novo corte no subministro eléctrico en Redondela.

Novo corte no subministro eléctrico en Redondela.

Outra volta, volvéronse a producir cortes no subministro de enerxía eléctrica no noso concello. Esta vez víronse afectadas parte das parroquias de Quintela, Saxamonde, Negros, Cabeiro e Vilar. O goberno de Javier Bas, segue gardando silencio.

Por volta das 7.00h da mañá, e durante 15 minutos, tanto o alumeado público, como o das vivendas particulares de varias parroquias, viuse afectado. Ao longo do día, en diversas ocasións, producíronse novos cortes, de menor intensidade.

Xa se trata dun hábito que Redondela, sufra este tipo de falla na subministración eléctrica. Non existe ningunha débeda con Gas Natural-Unión Fenosa, quen relixiosamente cobra o consumo público e particular. Despois dos diversos requirimentos feitos dende o BNG, o goberno de Javier Bas, garda silencio.

Unha mostra de que, ou non queren dicir o que sucede, ou non queren facilitarlle información á organización nacionalista. Dá a impresión que o goberno do PP, amósase indulxente coa empresa. No canto de defender os intereses colectivos dos veciños e veciñas, esixindo explicacións, e mesmo compensacións a Fenosa, dan a calada por resposta.

O BNG, vai seguir denunciando estes cortes na subministración eléctrica, para exixir da distribuidora, que manteña un servizo de calidade.

10433779_749991805050451_7182304936983745905_n

Novo corte no subministro eléctrico en Redondela.