Un “todopirolos”, que loita contra as masculinidades.
No debate plenario da moción do Bloque Nacionalista Galego, sobre as Medidas pendentes de Desenvolver no eido feminista, entablouse un debate arredor de quen debe ostentar a voz das mulleres. Históricamente o nacionalismo sempre defendeu que foran as mulleres quen abandeiraran esta loita.
07 abr. 2022 - 08:42
A concelleira Jésica García, defendía ante AER, única organización na que as mulleres non teñen representatividade institucional, como un exemplo paradigmático. Na súa intervención, empregaba a expresión “todopirolos”, para referirse a un grupo, onde somentes hai tres homes. Recordou que nos dez anos da súa historia, dos trece concelleiros, somentes dúas mulleres.
Non sentou nada ben a algún dos membros desta organización a claridade coa que se expresou a concelleira do BNG, quen volveu a empregar as redes para atacar á organización nacionalista. Sorprendente que alguén que renunciou a exercer de concelleiro preferíu atacar á concelleira nacionalista, vía redes sociais. Amosou unha das masculinidades coas que batalla a o feminismo galego: o uso da linguaxe como elemento transformador.
A linguaxe, a linguaxe feminista, é contestaria, irreverente, transformadora, revolucionaria. O lema empregado no seu momento polo BNG, “Estamos ata a Cona”, manifestaba no seu momento, esta irreverenza. Seguiremos na loita feminista, sen enrugarnos, pondo voz ás silenciadas, para que as diferentes masculinidades non teñan cabida na nosa sociedade.