O BNG apura ao goberno coa renovación da ponte de Casal do Monte

IMG-20220325-WA0033
Ponte de Casal do Monte.
Xoán Carlos González denuncia dous anos de desinterese e abandono do goberno municipal.
O BNG apura ao goberno coa renovación da ponte de Casal do Monte
A renovación da ponte sobre a vía férrea en Saxamonde, aínda non se rematou, despois de máis de cinco anos dende que se iniciara a súa renovación. “Un proxecto que leva aparellada dúas actuacións: unha referente á ampliación do vial e outra sobre a propia ponte”, recorda o voceiro nacionalista.
Recorda que esta actuación leva aparellada dúas actuacións; a ampliación do vial, xa rematada, e a correspondente á mesma ponte. “Esta última foi adxudicada a unha empresa que iniciou as obras paralizadas dende hai dous anos, sen que haxa compromisos para remate”, sinala.
Esta obra foi aprobada polo Consello Parroquial de Saxamonde ante as evidencias do deterioro evidente da ponte ubicada sobre a vía férrea perto do túnel dos Valos. “A renovación afecta á seguridade viaria dos veciños e veciñas que viven no barrio de Casal do Monte”, indicou.
Empraza ao goberno de Digna Rivas a que se implique nunha solución inmediata e definitiva das obras. “Os veciños e veciñas, demandan que se lles teña en conta, para rematar unha obra, na que cederon terreos para a ampliación da estrada”.
Destaca o voceiro nacionalista que algunhas infraestructuras situadas na ponte como a Traída de Augas, xa se comprometeron a renovalas con cargo ás propias Comunidades. “A veciñanza xa cumpríu a súa parte, agora o debe ser o goberno municipal do PSOE, quen debe rematar a obra definitivamente”, afirma o edil do BNG.
Entende igualmente que debe dárselle solución á problemática xerada na parcela cedida por un veciño que cedeu un espazo para acumular temporalmente os escombros da obra. “Este veciño, leva varios aos demandando que lle devolvan os seus terreos, á situación orixinal, sen que ninguén lle dea solución. Despois de asumir un deterioro da súa propiedade, para unha obra que beneficia á veciñanza, atópase con que ninguén lle dá unha solución”, denuncia.
Recorda Xoán Carlos González, que en plena pandemia Digna Rivas levou a cabo unha asemblea na parroquia, comprometéndose entre outras cuestións, a rematar estas obras, cousa que ata agora non sucedeu. “Dá a impresión que o goberno municipal, está máis interesado noutras intervencións, de maior impacto mediático, que en resolver problemas como este. Exiximos dende o BNG, a que se tomen en serio esta obra, e a rematen de inmediato”.
 
 
O BNG apura ao goberno coa renovación da ponte de Casal do Monte