O Acordo Plenario, pretende asfixiar economicamente ás forzas con menor representación municipal.

O Acordo Plenario, pretende asfixiar economicamente ás forzas con menor representación municipal.

Presentouse, Javier Bas, en maio de 2.011, como o verdadeiro adaliz da “austeridade”. Argumentando que nin el nin o seu equipo, querían lucrarse coa política, ían reducir o gasto. Esta estratexia, foi un dos principais argumentos de AER, para absterse na primeira votación do mandato, e facilitar que o PP gobernara en Redondela 4 anos.

Efectivamente cumpriu Javier Bas coa súa palabra de reducir os gastos, mais non só nas asignacións a políticos, se non en seren o abandeirado da austeridade na inversión de carácter social.

Agora, neste mandato volve presentarse como grande xestor. Un grande xestor, ben merece un bo soldo; el e o seu equipo. E abofé que o conseguiu, posto que, malia reducir os seus emolumentos en 10.000€, segundo a proposta do BNG, no montante global, o Partido Popular apoiándose na proposta de AER, con un concelleiro menos gaña 23.000€/máis.

Mais un dos acordos aos que se chegou o mediodía do xoves 2 de xullo, constituíno un dos maiores atentados de carácter institucional, aos que se ten asistido no Concello de Redondela: a redución das asignacións aos grupos políticos. Afirmamos isto dende o BNG, por propio coñecemento de causa.

Xustifícase a proposta de Javier Bas, segundo o acordado con AER, en que se fai un recorte dun 40% das asignacións a grupos.

As asignacións a grupos políticos, constitúen uns ingresos que se reciben do Concello en función de dous criterios: un fixo do grupo político (ata agora 300€), máis un fixo en función do número de concelleir@s acadados nas eleccións municipais (antes do 2 de xullo 100€/concelleir@, a partires da data 25€/concelleir@). Este apartado, constitúe un refendo á representatividade cidadá, expresada nas urnas.

Estas aportacións permitían que un grupo como AER, ingresara 1.200€/trimestre con un concelleiro, e o BNG 1.500€ con 2 concelleir@s. Deste xeito, partindo duns gastos mínimos mensuais, garantíase a actuación política das distintas forzas con representatividade no Concello, por moi pequena que esta fora. Calquera economía doméstica sabe que 1 gasta máis que 2.

Coa proposta aprobada o 2 de xullo, forzas con un representante como BNG e PODE, reciben 750€/trimestre. Aválase deste xeito, o discurso da dereita segundo o cal, os partidos políticos non se deben financiar con cartos públicos. Aválase, outravolta, que sexan as aportacións dos particulares, os que acaben sufragando ás organizacións políticas. O seguinte paso, xa se sabe...

Esta redución do 75% da aportación por concelleir@, nin máis nin menos que supón un   duro pau á operatividade das forzas con menor representatividade. Perpétrase en Redondela, un auténtico ataque á democracia, posto que se pretende asfixiar por vías económicas, o conquerido por vías participativas.

Nunca, repetimos, nunca, o BNG, nin cando gobernaba, nin cando estivo na oposición, defendeu estes postulados. A fórmula anterior, con non ser perfecta, pretendía contrarrestar este discurso. Agora o PP, coa colaboración de AER, practicamente consegue o seu obxectivo: aumentar os ingresos para o seu grupo, diminuílo para as forzas pequenas.

 

Mandato
2011-2015AER, 1 concelleiro 1.200€/trimestreBNG 2 concelleir@s 

1.500€/trimestre

2015-2019BNG 1 concelleiro750€/trimestreOUTRA FORZA 2 concelleir@s  825€/trimestre

O Acordo Plenario, pretende asfixiar economicamente ás forzas con menor representación municipal.