O Partido Popular, sae gañando.
No anterior mandato con 9 concelleir@s máis o alcalde, gañaban 185.000 anuais. Co acordado no Pleno do 1 de Xullo 8 concelleir@s, máis o alcalde, 209.000.
Na proposta inicial presentada polo Bloque Nacionalista Galego, no Pleno de 30 de xuño, Xoán Carlos González, argumentou a necesidade de reducir o soldo do alcalde ata un 20%. Deste xeito, quedaríase a asignación do alcalde de Redondela, non de Javier Bas, en 45.000. Non estaba moi alonxada a proposta nacionalista das de AER, con 41.000 e a do PSOE en 40.000.
Seguindo coa proposta para asignacións a concelleir@s de goberno. Non só na análise de poderen organizar e xestionar un Concello, senón na práctica amosada no anterior mandato polo propio goberno do PP, tres persoas liberadas xunto ao alcalde, poderían gobernar un Concello de 30.000 habitantes.
Deste xeito a proposta do BNG concretábase nunha asignación de 2.500 mensuais, en 14 pagas. Xustificaba esta proposta, en que se se demandan melloras salariais para traballadores/as do Concello en 14 pagas, tamén para este persoal eventual. Non hai nin demagoxia, nin incoherencia.
Segundo a proposta nacionalista, o grupo de goberno chegaría a 180.000/ano. Onde non se metía o BNG, era na fórmula que quixera empregar o equipo de goberno de redistribución deste montante.
A pesares de que houbo un ofrecemento para chegaren aos 40.000 propostos polo PSOE, aceitouse tal cal a proposta da alcaldía: 45.000. Malia todo, un aforro de 10.000 anuais para as arcas do Concello de Redondela.
En canto á asignación a concelleir@s, asumiron a proposta de AER: 4 concelleir@s con 23.000, e outros 4 con 16.000.
A pesares de que se trata dunha rebaixa, principalmente no soldo do alcalde, no montante total o Partido Popular, sae gañando. Un grupo de concelleir@s pasan de cobrar 1.200 a 1.900, outro grupo de 1.200 a 1.500 cada mes. Alguén dubida agora que o PP é unhaaxencia de colocación?
Mandato 2011/2015 | Proposta BNG mandato 2015/2019 | Acordo plenario2015/2019 |
Retribucións alcaldía ano56.800 | Retribucións alcaldía ano45.000 | Retribucións alcaldía ano45.000 (proposta BNG) |
Retribucións concelleir@s equipo goberno ano (9)129.600
| Retribucións concelleir@s equipo de goberno ano (3 concelleir@s) 3x2.500x14= 105.000
(90.000, no caso de seren 12 pagas)
| Retribucións concelleir@s equipo goberno ano (8) (Proposta AER)23.000x4= 92.000
18.000x4= 72.000 |
Total186.400 | Total150.000 | Total209.000 |