O BNG de Redondela considera vergoñento, que Javier Bas aprazara o acordo sobre remuneracións.
A negativa do alcalde de convocar a Xunta de Voceir@s, provocou que o Pleno tivera que deterse media hora. Tras o acordo inicial de votar a proposta de asignación a alcaldía, concelleir@s, e a grupos, Javier Bas decidiu pospoñer a votación a outro Pleno.
Os puntos 6 e 7 da Orde do Día da sesión organizativa, recollían a proposta e debate sobre as retribucións de carácter político e os postos de persoal eventual. No debate , cada organización política presentou as súas propostas no principal órgano de representación municipal: o Pleno do Concello,
Para chegar a un acordo, o alcalde, viuse na obriga de deter a sesión. Na xuntanza de voceir@s, a proposta inicial de retribución á alcaldía de 45.000, defendida polo BNG foi compartida tanto polo PSOE, como por AER. Na mesma negociación, Xoán Carlos González afirmou que o soldo do alcalde tería que poñelo a oposición, asumindo que se podería chegar á proposta dos socialistas de 40.000.
Abordouse a remuneración a concelleir@s do equipo de goberno. Xoán Carlos González, volveu a propoñer tanto a PSOE, como AER, que co concepto de tres liberacións, máis o alcalde, o Concello de Redondela, podería ser perfectamente gobernable. Esta proposta non se prantexaba como unha cuestión pechada, xa que se recollía que se o equipo de goberno prantexaba unha redistribución da partida, 105.000, non lle porían pegas.
Nese momento, Javier Bas, retoma a proposta de AER de asignacións de concelleir@s, polo que o BNG, retírase da negociación. Tras uns minutos de conversas entre ambas formacións, sorprendeu a decisión final: pospoñer a votación dos puntos 6 e 7.
Para o concelleiro nacionalista trátase dunha nova pantomima de Javier Bas. Afirma que o diálogo e os acordos son a súa bandeira, pero segundo lle conveña. Nesas conversas, defendeuse que había que chegar a un acordo no mesmo Pleno, posto que a veciñanza estábao demandando. En aras dos seus intereses particulares, tomou a decisión de pospoñelo.
Para o concelleiro nacionalista, Javier Bas inicia o mandato fallando aos acordos, polo que nos reservaremos o dereito a negociar con el.