O alcalde, Javier Bas, non dá a cara

O alcalde, Javier Bas, non dá a cara

A presión social detén o Proxecto de Canabal.

 O goberno municipal do Partido Popular vén de propor a modificación urbanística dunha parcela de 36.000 m2 no Canabal-Vilavella, para a construción dunha Area Comercial de 9.000 m2. Venden como un grande logro para Redondela o feito de que se vaia dotar a esa zona de Estación de Autobuses, Hotel e equipamentos.

 Pero o máis importante é que se crea unha Area Comercial que vai competir co pequeno comercio da Vila. Este comercio de proximidade, o de todos os días,  crea moitos postos de traballo directos e indirectos en Redondela e, ademais de ter unha longa tradición, está ben preparado para loitar polo seu futuro. A súa aposta polo Centro Comercial Aberto, que acaba de recibir 38.000€, permite pensar que está facendo ben as cousas.

 Pola contra a Area Comercial, unha grande superficie en definitiva, que defende o PP  con esta  propósta de modificación urbanística, suporá unha competencia moi dura para os pequenos comercios de Redondela, que se verán abocados ao peche e á perda de moitos postos de traballo. Somentes beneficiará a uns poucos e moitos serán os perxudicados. Nun momento, ademais, en que o pequeno comercio atravesa unha situación delicada pola presión das grandes superficies, o comercio electrónico e a incidencia da crise.

 A presión veciñal e dos propios comerciantes fixo que, polo momento, o goberno municipal se botase atrás. O alcalde, Javier Bas, non deu a cara neste debate, agochándose detrás do concelleiro de urbanismo, Arturo González, e do ex-deputado multifunción Alberto Pazos. O PP e o equipo de goberno seguen defendendo o proxecto porque está no seu ideario: favorecer os interes dunha minoría a costa da maioría social, e así nos vai. Teñen dado moitos exemplos desta forma de actuar. E con todo, seguirán intentando, cando poidan, levar adiante a modificación urbanística do Canabal que permita a instalación desa grande Área Comercial.

 O BNG aposta por defender os intereses do pequeno comercio de Redondela, un comercio de proximidade que facilita a relación entre os veciños e veciñas e que dinamiza a vida do concello.

Polo futuro do pequeno comercio en Redondela, NON á Area Comercial

 

 1463960_528644113898360_1812943784_n

O alcalde, Javier Bas, non dá a cara