As asignacións a grupos políticos: un xeito antidemocrático de asfixiar á oposición.

As asignacións a grupos políticos: un xeito antidemocrático de asfixiar á oposición.

Certo é que nos tempos que estamos a atravesar, o conxunto da cidadanía ve á xente que se adica á política, con certa desconfianza. Os casos de corrupción, no que o Partido Popular é o campión, mais no que outras forzas como PSOE, CiU, ... tamén reflexan a podremia do sistema.

A traveso dos seus altofalantes, medios de comunicación en todo o seu espectro, e os denominados “partidos emerxentes”, introduciuse o discurso que en política só poden estar aqueles, que non teñen necesidade de vivir dela.

Dende o BNG, combateuse sempre este discurso emanado dende o poder. Sempre se pretendeu, que as organizacións políticas puideran gozar da suficiente economía financeira para non depender dos “grandes grupos de presión”. Xestionar estes recursos, tamén debe ser unha parte da acción política.

En Redondela, tanto na oposición, como no goberno, o BNG, pretendeu garantir uns ingresos para as forzas políticas gozasen dunha suficiente autonomía financeira. Pretendíase que, a partires duns gastos mínimos, as forzas con menor representatividade, puideran desenvolver o seu traballo político.

Co acordado entre PP e AER, no Pleno de Organización, ábrese a senda da asfixia económica as organizacións máis pequenas.

Ata agora cada grupo político recibía unha asignación mensual de 300€ por grupo, e 100€ por cada un dos concelleir@s que acadaban representatividade. Baseábase este concepto en poñer en valor a representatividade da organización polas que se presentan. A partires dun fixo mensual, que se cobraba trimestralmente, garantíase a actuación política dos Grupos Municipais. Estes cartos, fiscalízanse asinando trimestralmente os voceir@s a xustificación de gasto. O interventor, ratifica que os gastos cínguense ao estipulado.

Na proposta inicial para a negociación, o BNG prantexaba a suba de 100 a 200€ mensuais. Mais a negociación, en ningún momento se estableceu.

Coa proposta acordada entre PP e AER, castígase ás forzas con menor representatividade. A aportación por concelleir@ mes, redúcese de 100€ a 25€. Deste xeito, a Agrupación de Electores ingresaba 1.200€/trimestre. Co pactado entre a dereita e AER, forzas como PODE ou BNG, baixan a 750€/trimestre.

Deste xeito, a autonomía financeira, das forzas con 1 concelleiro, castígase. Non existe a pretendida redución das desvantaxes entre forzas grandes e pequenas. Unha vez que as segundas teñen garantidos uns ingresos mínimos, as primeiras van ter moitas dificultades para desenvolver o seu traballo político.

Argumenta AER, que eles foron quen de xestionar axeitadamente os seus recursos, e que os demais debemos facelo igualmente. Tamén que os Grupos Políticos, non temos porque adicar os nosos fondos a manter sedes de partidos.

Cada Grupo Político, ten a autonomía, dentro do marcado pola lei, de priorizar os ingresos para “desenvolver o seu labor político”. No BNG, consideramos que manter unha sede en Redondela, permite un contacto directo con colectivos, asociacións e veciñ@s. Unha sede, que cumpre todos os requisitos legais: asínase un contrato co propietari@, que tributa por ditos ingresos, todo perfectamente claro e transparente.

En todo caso, AER tamén recoñece que realiza diversos ingresos na súa sede, na do seu partido, por distintas vías. Non cuestiona o BNG, por exemplo, se é axeitado ou non gastar case 100€ mensuais en telefonía.

Tampouco se mete o BNG, en valorar se investir 1452€, en informes de carácter profesional é eticamente axeitado. Suponse que en política, empréganse os recursos para actuar politicamente. Se hai que empezar a pagar informes técnicos, profesionais, avogad@s, para desenvolver a actuación política, e non lle supón ningún tipo de fraude, por parte do BNG, non vai a haber problema.

Insistimos en que o discurso do PP, triunfou neste caso en canto á asignación a grupos. A dereita de Redondela saíuse coa súa.

Pola parte que lle toca ao BNG, a actuación política non se vai mover nin un só milímetro. Combater estes discursos populistas e antidemocráticos, tamén forma parte deste traballo.

 

Táboa de asignacións a Grupos Políticos

 

Mandato 2011/2015Mandato 2015/2019

Acordo PP-AER

Grupo político 300€/mes

Concelleir@

100€/mes

Grupo 225€

Concelleir@ 25€

Grupo con 1 concelleiro (AER): 1.200€/trimestreGrupo con 1 concelleiro (BNG; PODE)

750€/trimestre

 

 

 

 

As asignacións a grupos políticos: un xeito antidemocrático de asfixiar á oposición.