O BNG de Redondela, considera que o acordo PP-AER, reforza ao equipo de Javier Bas.

O BNG de Redondela, considera que o acordo PP-AER, reforza ao equipo de Javier Bas.

O grupo de goberno pasa de recibir no anterior mandato 185.000€ con 10 integrantes, a 209.000€ con 9 membros no presente.

O aprobado o xoves 2 de xullo no Pleno da Corporación de Redondela, deixou patente o acordo ao que chegaron ambas forzas políticas, que se traduciu na abstención de AER, no soldo do alcalde, 45.000€, malia que era unha das propostas que manexaron, e no apoio ao soldo a concelleir@s. Estes últimos pasan nuns casos de 14.000€ anuais, a 18.000€, e noutros chegan ata os 23.000€.

“Deste xeito, un equipo de goberno en minoría, que ve reducida a súa representatividade, no que ao alcalde redúceselle o soldo nun 20%, aumenta os seus ingresos en máis de 24.000€/anuais”, afirma o concelleiro do BNG, Xoán Carlos González.

Consideramos dende a forza nacionalista, que todas as negociacións entre distintas forzas, son lexítimas, e respectámolas. No que non estamos de acordo, é que se lle pretende votar a culpa aos demais.

Consideramos que a drástica redución dun 30% aos grupos políticos, vai afectar de xeito máis que evidente a aquelas forzas con menor representatividade. Cambiaron as tornas, cando AER, tiña 1 concelleiro, recibía 1.200€ ao trimestre. Agora o acordado cos trece votos de PP/AER redúceos a 750€. Ambas forzas, están de acordo en primar ás persoas e mitigar o papel das organizacións políticas polas que se presentan. Javier Bas, pretende agochar as siglas do partido polo que se presentou.

 

Persoal de confianza

“O BNG, non lle quixo dar o aval á figura de coordinador de concelleir@s, porque isto supoñía, manter unha figura que actuou de concelleira non electa durante 4 anos”, continúa Xoán Carlos González. Se nos acordos entre AER-PP, se incluía o apoio a este superconcelleiro, teñen a obriga moral de dicirllo aos veciños e veciñas de Redondela. Ambas dúas figuras supoñen uns gastos anuais ao Concello de Redondela de 46.000€, cuestión que o BNG non apoiou.

Dende o BNG non podemos pasar por alto “a pantomima á que someteron aos veciños e veciñas de Redondela no primeiro Pleno de Organización. Puxéronse todos os números enriba da mesa, detívose o Pleno durante 45 minutos para chegaren a acordos, e finalmente de xeito unilateral o alcalde Javier Bas, adiounos, cando verbalmente se comprometera a sacar para adiante o acordo naquel momento”, afirma Xoán Carlos González.

Nos seguintes días confirmouse que os números non se ían mover do acordado entre AER e o PP, salvo na proposta de asignación ao alcalde, feita polo BNG. No mesmo Pleno do 2 de xullo, o voceiro nacionalista ofreceu a AER, a posibilidade de chegar aos 40.000€, cuestión que rexeitaron.

Considera o concelleiro nacionalista, que o único obxectivo de adiar o debate das retribucións, foi o de estudar o xeito de xustificar a suba a concelleir@s, e a rebaixa a grupos políticos.

O BNG de Redondela, considera que o acordo PP-AER, reforza ao equipo de Javier Bas.