Avenida de Mendinho, o BNG reclama unha “humanización real”.

Avda Mendiño
Avda Mendiño
PP, PSOE e AER aprobaron un convenio que nada ten a ver coa recuperación de espazos públicos para a veciñanza.
Avenida de Mendinho, o BNG reclama unha “humanización real”.

Tres anos despois de que fora aprobado o convenio, o Bloque Nacionalista Galego reafírmase na decisión tomada de non apoiar un proxecto que se limita ao tradicional cambio de beirarrúas. Queda moi lonxe de aproveitar as obras para converter este vial, que comunica o casco urbano de Redondela, con diversos equipamentos, Catapeixe, o Peirao e Cesantes, nun espazo máis humanizado, que teña en conta á veciñanza e aos peóns e peoas. 

 

Motivos polos que rexeitamos o Proxecto:
 
- Unha inversión de 1.600.000€, dos que o concello aporta 433.000 €, defendidas por PP, PSOE e AER, para unha obra continuísta con cambio de beirarrúas, asfalto e manter a presión dos coches.
- A zona arredor das vivendas escolares, centra as actuacións máis destacadas, cun claro perfil megalómano, de costas aos intereses dos e das redodeláns.
- A zona de Catapeixe, onde se concentran máis vivendas, unicamente conquire a renovación das beirarrúas.
- Converten en aparcadoiro parte do treito que dá ao Centro de Saúde.
- Execútase un verdadeiro arboricidio, talando arredor de cincuenta plataneiros e choupos.
 
O noso modelo de Avenida de Mendiño que defendemos sería:
 
* Unha rúa humanizada onde poder acceder a centros educativos, deportivos, de saúde, reducindo o impacto dos vehículos particulares. 
 
* Uniformidade dos materiais empregados na renovación das beirarrúas, desbotando propostas megalómanas.
 
* Ampliar as beirarrúas para facilitar o tránsito peonil, converténdoa nun vial humanizado que comunique o casco urbano de Redondela coa zona do Peirao.
 
* Crear un carril bici pola avenida de Mendiño.
 
* Conservación do arborado existente como necesario para crear un espazo humanizado
 
Avenida de Mendinho, o BNG reclama unha “humanización real”.