Demanda do BNG de novas peonalizacións no casco urbano de Redondela.

IMG-20220620-WA0001
Redondela
Dende o grupo municipal analizouse a situación de diversas rúas do casco urbano, chegándose á conclusión de que en varias delas “podería ser factible a peonalización se existe vontade por parte do equipo de goberno”.
Demanda do BNG de novas peonalizacións no casco urbano de Redondela.
 O obxectivo consiste en plantexar que nestas rúas se abra paso a unha liberación do espazo público.
En sendos escritos demandouse ao goberno de Digna Rivas que inicie os trámites para que o Paseo da Xunqueira, dende a praza da II República ata o concello se peonalice, restrinxindo o uso unicamente a residentes, e locais comerciais e hostaleiros.
Noutra solicitude consideran dende o BNG, que sexa a rúa Padre Sarmiento, a que se peonalice. “Consideramos que nesta rúa é totalmente prescindible o paso de vehículos particulares, existindo outros viais alternativos”, apunta o edil do BNG.
O voceiro nacionalista Xoán Carlos González expresou a súa preocupación ante a mínimo interese dos sucesivos gobernos municipais “por avanzar na recuperción de espazos para o seu uso pola veciñanza”. Califica de “ilusa” a proposta do goberno de que a construción dun aparcadoiro a carón do Convento de Vilavella, “vaia solucionar toda a problemática do tráfico en Redondela”. Aposta por desenvolver políticas activas de redución do uso do vehículo particular, e fomento de espazos urbanos recuperados para a veciñanza, como plantexamos nestas propostas de peonalización”, xustifica.
Demanda do BNG de novas peonalizacións no casco urbano de Redondela.