As denuncias do BNG forzan a AENA á limpeza dos terreos do aeroporto.

IMG-20220620-WA0002
Imaxen actual do aeroporto
En abril nun escrito asinado polo voceiro municipal do BNG, denunciábase a falla de limpeza dos terreos pertecentes ao aeroporto Peinador, na cabeceira norte.
As denuncias do BNG forzan a AENA á limpeza dos terreos do aeroporto.
En concreto sinalábase que nunha das propiedades na zoa de Vilar levaba varios anos que non se realizaban estas actuacións de mantemento. As xestas, árbores de pequeño porte, silvas e fentos chegaban a invadir o vial que comunica Vilar coa parte alta de Millarada e a estrada N-555.
“Ante a irresponsabilidade de AENA, polo desinterese no mantemento dos terreos da súa propiedade, vímonos forzados a dirixirnos ao goberno municipal”, apunta o voceiro Xoán Carlos González. “Xa que se lles exixe aos veciños e veciñas á limpeza das súas propiedades, os entes públicos ou semipúblicos, como AENA, deben ser os primeiros en cumplir coas súas obrigas” sinala.
No mes de maio o ente, respostoulle ao goberno municipal que se iniciaran os trámites para a contratación dos terreos dos que o Aeroporto Peinador é propietario. A día de hoxe aínda non se iniciaron as obras.
Destaca Xoán Carlos González o traballo desenvolvido polo BNG nesta problemática, “ao termosque suplir o papel que lle correspondería ao goberno municipal de velar pola solucionar problemáticas que afectan á veciñanza de Vilar de Infesta
As denuncias do BNG forzan a AENA á limpeza dos terreos do aeroporto.