Para o BNG a negativa á modificación do regulamento, constitúe a “estocada final” aos Consellos Parroquiais.

IMG_20220613_072623
“A inversión dos 180.000€ dos orzamentos participativos, continuará a ser decidida polo goberno municipal”, afirma a concelleira nacionalista, Jéssica García.
 
Para o BNG a negativa á modificación do regulamento, constitúe a “estocada final” aos Consellos Parroquiais.

De moi mala nova, para a afondar na transparenza municipal e na participación veciñal, valoran dende o BNG, a negativa tanto do PP como AER a desatascar a modifiación dos regulamento dos consellos parroquiais, no pleno de maio. “Forzas que asumiron as competenzas de participación nos últimos anos, responsábeis agora da estocada final a uns órganos de participación que defendían os intereses das parroquias ante o goberno municipal”, sinalan. 

O voto dos grupos políticos, e a figura da secretaría dos consellos consitutían as maiores diferenzas para sacar adiante a modificación do regulamento. Segundo a concelleira nacionalista, Jéssica García “por parte do BNG, cedimos nas nosas pretensións de quen debe asumir a secretaría coa intención de manter os consellos, mais isto non foi prioritario para o resto de grupos”.
 
Denuncia que durante dous anos primeiro o bipartito AER-PSOE, e agora os segundos en solitario, “ignoraron a participación veciñal nos consellos”. “Desta forma, partidas como os 180.000€ dos orzamentos participativos van continuar sendo xestionadas a vontade do equipo de goberno”, aclaran.
 
Carga contra a irresponsabilidade do goberno de Digna Rivas en asegurar os apoios plenarios. “A única vía segura para recuperar a actividade destes órganos de participación, reside en que o BNG aumente apoios nas vindeiras eleccións para acadar unha maioría traballando decididamente a prol da participación veciñal”, remata na nota Jéssica García.
Para o BNG a negativa á modificación do regulamento, constitúe a “estocada final” aos Consellos Parroquiais.