O BNG centra en Redondela, os actos comarcais do Día da Patria
En pé por Galiza, eis o lema do BNG para o Día da Patria. Preténdese visualizar que somos unha nación, e o orgullo de ser galegos e galegas sen complexos. Convértese nunha oportunidade para popularizar a idea da soberanía como verdadeira saída necesaria para podermos vivir con dignidade en Galiza.
Con motivo da celebración dos actos que entorno a esta importante data, a organización nacionalista desenvolve en todo o País, arredor de 30, acordouse desenvolver en Redondela a celebración comarcal. O xoves 17 ao pé da estatua de Castelao, na Alameda a partires das 20.30h.
Adquire enorme significancia a celebración diante da estatua do máis relevante representante do nacionalismo galego, posto que neste 2014 coinciden dúas datas ben importantes. Por unha banda o 70 aniversario da publicación do Sempre en Galiza, obra clave na formulación do ideario nacionalista que o BNG asume. Por outra banda, o 40 aniversario da chegada dos restos mortais de Castelao a Galiza. O españolismo, pretendeu soterrar definitivamente a figura do nacionalista, mais o resultado foi todo o contrario.
Na celebración da Alameda intervirá Jessica García, militante de Galiza Nova de Redondela. Tamén participará o responsábel comarcal, Manuel Caride. Cecilia Pérez, como voceira municipal, tamén tomará a palabra, para finalmente o voceiro nacional, Xavier Vence, poñer fin ás intervencións políticas. Todos eles remarcarán a idea de que Galiza, o pobo galego, pode decidir libremente o seu futuro. Finalmente farase unha pequena ofrenda ante a estatua de Castelao.