PARA O BNG, O CONCELLEIRO DE TRÁFICO DE REDONDELA CARECE DE TODA CREDIBILIDADE.
Aínda hoxe descoñecese o Plan de Tráfico anunciado xa en outubro.
O Grupo Municipal do BNG considera que o tan anunciado Plan de Tráfico do goberno local, constitúe outro instrumento de propaganda.
Xa no Pleno do mes de outubro, e a petición da voceira do BNG, Arturo González, responsábel de tráfico, afirmaba que estábanse ultimando os detalles de dito Plan. Pois ben, despois de sete meses, consideran dende o Grupo Municipal nacionalista, que os prazos xa se teñen máis que superado.
Para o Grupo Municipal do BNG, o concelleiro Arturo González, carece de toda credibilidade, posto que non houbo ningún tipo de información aos diferentes grupos políticos. Descoñécense os criterios, obxectivos e prazos para a posta en marcha do que se pode calificar como un instrumento de propaganda do goberno municipal
Nas últimas semanas, como medida para mellora do tráfico en Redondela, o goberno municipal adopotou a tala de árbores no aparcadoiro da Ribeira. Por ningún lado, campañas para reducir o uso do vehículo particular, ou promocionar os desprazamentos camiñando ou en bicicleta, servizo este último tamén eliminado polo concelleiro de Medio Ambente.
Exemplos da improvisación e falta de planificación deste goberno municipal na solución do tráfico, puideron evidenciarse tanto durante a celebración das festas do Entroido, do accidente sufrido por un camión na N-552, esta semana, ou durante a celebración do Festival de Títeres.
A solución dos problemás de tráfico rodado, non foron máis que un slogan, acuñado machaconamente polo Partido Popular. Dende que asumiron a responsabilidade do goberno municipal, o deterioro na situación do tráfico tanto en Redondela como en Chapela, é continuo.
Para o Grupo Municipal do BNG a estas alturas de mandato, o concelleiro Arturo González carece de total credibilidade, posto que ademáis de incumplir os compromisos adquiridos, non está traballando para poñerlle solución aos problemas e molestias ocasionados polo tráfico rodado.