O BNG, congratúlase do nomeamento de Diego San José, Fillo Adoptivo de Redondela.

Diego_San_Jose_de_la_Torre
Diego_San_Jose_de_la_Torre

Dende a organización nacionalista, consideran o proceso “dun exemplo de como terían que facerse este tipo de distincións”.

O BNG, congratúlase do nomeamento de Diego San José, Fillo Adoptivo de Redondela.

Protagonizado polo movemento asociativo, culminando co apoio por unanimidade por parte do Pleno da Corporación, a distinción que se lle outorga a este comprometido republicano, constitúe todo un exemplo de como debería presentarse un procedemento serio e rigoroso. Aproveitan dende o BNG, para parabenizar a todas as entidades e persoas que a título individual, promocionaron a figura de Diego San José.

“Despois duns anos nos que dende o BNG, se cuestionou o sistema de elección de persoeiro do ano, obedecendo máis a un procedemento tipo sorteo, no que nós non quixemos participar, abandeiradas polo alcalde de Redondela, coa conivencia de PSOE e AER, encarrílase un sistema que magnifica a figura do homenaxead@”, afirma o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González.

Recorda como dende o primeiro ano, Javier Bas e os seus catro concelleir@s de cultura apostaron por unha fórmula deturpada, ao presentar diversas propostas de nomeamento, facendo enquisas públicas. “Deste xeito saían á luz pública o nomes de persoas, familias, que non ían ser nomeadas, ou quedaban nun segundo ou terceiro lugar. Algo que non debería ter cabida no nomeamento. A propia Ernestina Otero chegou a contar con máis votos que outras opcións, que a famosa Comisión desbotou”.

O movemento asociativo, consciente de que se estaba a deturpar a finalidade do Regulamento de Honras e Distincións con fins partidistas, deixou de colaborar nesta farsa. “O BNG converteuse na única forza que denunciou tal situación, malia correr o risco de ser centro das críticas. O tempo, novamente, veunos dar a razón”, considera o edil do BNG.

“Congratulámonos polo nomeamento dun comprometido republicano, represaliado pola ditadura franquista, apoiando o seu nomeamento. Dende o momento en que o movemento asociativo prantexou a proposta, tanto no fondo como nas formas, consideramos acaído o nomeamento de Diego San José, Fillo Adoptivo de Redondela”, remata na súa nota Xoán Carlos González

O BNG, congratúlase do nomeamento de Diego San José, Fillo Adoptivo de Redondela.