O BNG consegue que o IBI da autoestrada financie o transporte público.
Xoán Carlos González, “os taxis realizarán o servizo para o alumnado de bacharelato e reducirase o billete en autobús entre Chapela e Vigo”.
25 xuño 2024 - 08:42
Segundo anunciou o voceiro nacionalista Xoán Carlos González “conseguimos que os 140.000€ que o concello vai recaudar do IBI da autoestrada AP9 se adiquen ao transporte público”.
Segundo palabras do edil nacionalista “na nosa proposta primou buscar unha solución para o alumnado de bacharelato que se queda sen transporte público”. A problemática creado pola Xunta deixa ao alumnado desta etapa formativa sen transporte escolar.
Un servizo de transporte en colaboración cos taxis do concello, porase en funcionamento a inicios do curso 24/25. “Unha demanda das familias dos últimos anos, á que se chega pola importancia dos votos do BNG e a capacidade negociadora do noso grupo”, recorda o edil.
Na actualidade estase negociando co colectivo de taxistas, a expensas da matrícula de alumnado de bacharelato nos institutos redondeláns. Segundo as primeiras estimacións podemos estar nunha partida de 50.000€. A inicios de curso trazaranse as liñas que cubran a alumnado procedente de Cesantes, O Viso, Reboreda, Negros, Saxamonde, Vilar, Cabeiro.
“Non queda aquí a nosa proposta de fomento do transporte público”, aclara Xoán Carlos González. O resto da partida económica dos 140.000€ adicarase a reducir o billete do bus interurbano entre Chapela e Vigo. “Deste xeito pretendemos que a parroquia máis afectada polo negativo impacto da autoestrada, tamén sexa compensada”.
As negociacións co goberno de Redondela, “pasaron por momento difíciles” sinala o edil do BNG. Entende que o goberno municipal está obrigado a negociar todo o que leve ao Pleno.
A aprobación dun crédito extraordinario de 3’1 millóns de euros para o pago de facturas a empresas que prestan servizos ao concello de Redondela, constituíu o marco desta negociación. Baixo a premisa de “o goberno gasta, e o BNG pón os votos sacáronse adiante o pago a provedores locais que levaban agardando seis meses”.