O BNG insta ao goberno de Digna Rivas a continuar coas peonalizacións.

IMG-20240701-WA0000
Paseo da Xunqueira.

Xoán Carlos González,” o Paseo da Xunqueira e a rúa Alfonso XII, os fins de semana, deben ser as próximas en sumarse a estas humanizacións”

 

O BNG insta ao goberno de Digna Rivas a continuar coas peonalizacións.
“O proceso de recuperación das rúas do casco urbano de Redondela debe extenderse a máis espazos”. Así o consideran dende a organización nacionalista que animan ao goberno de Digna Rivas a que sume novos espazos nestas semanas de verán. “O escaso impacto sobre a redución do tráfico do aparcadoiro disuasorio en Vilavella, obriga a sumar novas peonalizacións”.
Para o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González “ pedimos á alcaldesa que non ceda ás presións do Partido Popular que sempre mantivo unha actitude antipeonalización, e populista”. Ofrece a man tendida do BNG, apoiando a recuperación de novos espazos urbáns para os veciños e veciñas. “Nós, os e as do Bloque Nacionalista Galego somos expertos e expertas neste tipo de actuacións”, sinala. 
Indica que a falta dun plan do goberno municipal de peonalizacións, “propomos que xa durante este verán se limite o acceso a dúas novas rúas”. Entende prioritario que o Paseo da Xunqueira debe eliminar o tráfico. “Durante estes meses de verán centos de persoas, maioritariamente cativos e cativas móvense por este espazo, que non é totalmente seguro”. Loxicamente débese garantir a entrada e saída de residentes, oficina de Correos e vehículos para recarga eléctrica.
Tamén considera que a rúa Alfonso XII pode perfectamente eliminarse o tráfico rodado durante os fins de semana. “Nas últimas semanas con festas e festividades en Redondela, a restricción aos coches valorouse moi positivamente pola xente”.
Polo contrario o edil nacionalista valora negativamente que noutras rúas do casco, “semipeonalizadas, como Pai Crespo o tráfico volveu a ocupar a rúa, polo que débense tomar medidas máis restritivas para evitar este deterioro”, sinala na súa nota.
O BNG insta ao goberno de Digna Rivas a continuar coas peonalizacións.