Xoán Carlos González pídelle a Digna Rivas solución á nova crise de goberno.

IMG-20240701-WA0001
O voceiro municipal Xoán Carlos González

“O cese da coordinadora de concelleir@s, debe solventarse esta semana designando unha nova persoa”, afirma.

 

Xoán Carlos González pídelle a Digna Rivas solución á nova crise de goberno.
Segunda crise nun ano no seo do goberno municipal de Redondela. Tralo abandono de María Castro, no reparto de áreas e competencias, agora a crise céntrase na coordinadora de concelleiros e concelleiras. 
A suplencia desta persoa, estase realizando con persoal do concello. “Nada sabemos que vai suceder con esta figura de coordinación. O que si instamos é á alcaldesa Digna Rivas a solucionalo de inmediato, e poñer fin a esta nova crise de goberno”, declara o voceiro nacionalista Xoán Carlos González.
Esta figura de libre designación ocupa un lugar fundamental no organigrama de goberno. Ademais de manter ao día a axenda da alcaldesa, e xestionar a doutros concelleiros e concelleiras, “atende directamente a aqueles veciños e veciñas que solicitan encontros con responsábeis do goberno e alcaldesa”. A chegada do período estival, a necesidade de poñer ao día á nova persoa responsábel da coordinación vai supor unha nova ralentización da xestión do goberno.
Xoán Carlos González pídelle a Digna Rivas solución á nova crise de goberno.