Alegación do BNG para que o Carballo das Cen Pólas, se convirta nun auditorio ao airel libre.

IMG_20240708_135718
Carballo das Cen Polas
Xoán Carlos González “ Solicitamos que pase a considerarse terreos dotacionais de equipamento cultural e de lecer”.

 

Alegación do BNG para que o Carballo das Cen Pólas, se convirta nun auditorio ao airel libre.

O período de alegacións do Plan Xeral, foi aproveitado polo Bloque Nacionalista Galego para presentar unha alegación sobre a situación do espazo coñecido como Carballo das Cen Pólas en Reboreda.
“Demandamos que no documento definitivo se contemple como Dotacional, Equipamentos Culturais e Zonas de Lecer.Propoñemos dar pasos en firme para que, no Carballo das Cen Polas, se constrúa o demandado auditorio ao aire libre”, declara o voceiro nacionalista Xoán Carlos González. “Trataríase dun equipamento de baixo impacto medioambiental, acorde co entorno, do que se podería disfrutar de actividades culturais e de lecer toda a veciñanza. Un novo atractivo do noso concello para as xentes da nosa bisbarra”, salientou.

A catalogación dos terreos como Equipamento Cultural sería imprescindible para conseguir financiamento co fin de construír un espazo de actividade cultural ao aire libre, lecer, e respecto medioambiental, nesta parcela de 31.000 m². Actualmente está catalogada como rústica, e no PXOM non se contempla cambio ningún. “Por iso presentamos esta alegación para que xa se planifique que nestes terreos pódese construír este equipamento que dende hai décadas se tén prometido”, insistiu o edil nacionalista.
Salienta González o traballo de campo realizado dende a organización nacionalista, que se concretou na presentación de vinte e unha alegacións, “de diversa índole que van mellorar o texto definitivo”. Segundo considera, “trátase do compromiso que adquirimos coa veciñanza, de velar polo interese xeral, coa presentación destas propostas".

Alegación do BNG para que o Carballo das Cen Pólas, se convirta nun auditorio ao airel libre.