O BNG de Redondela, presenta alegacións ao PXOM
Xoán Carlos González “Trátase de vinte a unha iniciativas para mellorar un Plan clave para a Redondela do futuro”.
“Debemos aproveitar a oportunidade que nos ofrece o PXOM, para realizar propostas que con visión de vinte anos”. Deste xeito se expresaba o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, na presentación das alegacións do BNG. “Vinte e unha alegacións que melloran o texto aprobado. Un documento, o Plan Xeral, clave para construír a Redondela do futuro”, sinalou.
Xoán Carlos González destacou o traballo da súa organización nas últimas semanas para desenvolver propostas que beneficien a máis veciños e veciñas de Redondela.
Entende que o equipo redactor debería telas en conta co fin de elaborar un texto que se convirta na base da Redondela das dúas vindeiras décadas.
Un bloque das alegacións refírese a infraestructuras viarias “que melloren a seguridade e favorezan a conectividade nas parroquias”. Destaca a proposta de conectar “Chapela dende a Senda Verde ata o entorno do Piñeiral, co que se daría resposta a unha demanda veciñal dende hai décadas”.
Noutro bloque o BNG fala da reserva de solo para construcción de equipamentos educativos. “Neste apartado propomos que os terreos a carón do Centro Cultural de Vilar se reserven para un novo colexio, con maiores dotacións, para potenciar o ensino público nesta parte do noso concello”.
Reserva de solo para dotacións deportivas como as pistas de atletismo en Saxamonde, ou en Chapela. “Mantemos viva a idea de construír en Redondela unha biblioteca acorde as dimensións e poboación educativa do noso concello. Imprescindible que se contemple agora no PXOM”, salienta Xoán Carlos González.
Especial mención a reserva de solo para a construcción de vivenda de promoción pública co obxectivo contrarrestar o prezo da vivenda tanto adquisición propia como aluguer.
Outro apartado significativo salienta o edil nacionalista, “céntrase na dotación de microáreas industriais para que Redondela poida asentar industrias respetuosos medioambientalmente, asentando poboación”. Defende a diversificación de actividades económicas para asentar poboación.
“Este Plan Xeral debe servir para que nas vindeiras décadas Redondela se manteña como concello referente da nosa bisbarra”, remata na súa nota.