Alexandra Fernández leva a situación da Ensada San Simón ao Parlamento.
Preténdese acadar o compromiso do goberno galego de protexer este espazo natural, e garantir o seu futuro.
15 xul. 2024 - 12:21
A traverso de diversas iniciativas asinadas pola parlamentaria do BNG preténdese saber cales son os plans da Xunta para esta área declarada Rede Natura 2000 e Zona Especial de Conservación, e Lugar de Interese Comunitario.
Ínstase ao goberno galego a tomar a iniciativa para realizar un estudio o máis completo posíbel sobre a calidade das augas e fondos mariños. Realizar unha correcta diagnose para poñer en práctica iniciativas que garantan o futuro da Enseada.
A consideración deste espazo de interese comunitario non significa que se vaia a conservar. Todo o contrario, paseniñamente foise degradando nas últimas décadas, e a acción de entes dependentes da Xunta e do Estado agravan esta situación.
Aterros, verquidos, desaugues incontrolados da Presa de Eiras, falla no mantemento e conservación, presenza constante de embarcacións contaminantes. Da Enseada viven centos de persoas que se adican á actividade extractiva, como o marisqueo e pesca artesán para productos como o choco. A Enseada recuperada medioambiental e culturalmente pode ser un dos recursos de creación de riqueza no futuro inmediato.
Para acadar este obxectivo estamos a traballar dende o Bloque Nacionalista Galego, comprometendo a diferentes administracións para que se preocupen moito máis pola Enseada San Simón.